A pontevedresa Daniela Suárez, subcampioa do mundo en natación artística
Por Redacción
A pontevedresa e nadadora do Galaico Sincro, Daniela Suárez, acábase de proclamar campioa do mundo de natación artística infantil co equipo español.
Na xornada do sábado disputouse a final de Rutina Combinada no Campeonado do Mundo que se celebrou en Charlotte (USA), onde a Selección Española alzouse coa medalla de prata, xusto por detrás das xaponesas e por diante do equipo anfitrión.
Daniela Suárez, desta forma, convértese na primeira deportista de natación artistica galega de todos os tempos en facerse cunha medalla nun mundial.
Con ela, acudiu tamén a Estados Unidos Sandra Montes, directora técnica do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, compoñente do equipo técnico da Selección Española e unha das pezas fundamentais do traballo nesta disciplina que se está desenvolvendo en Galicia e que tan bos resultados está a dar.
O Campionato do Mundo terminará este domingo cos final dúos libres femininos e a rutina de equipo libre nas que o equipo español pode conseguir algunha medalla máis.
O medalleiro español neste mundial consta dunha medalla de prata en Figuras para Rocío Calle, do Retiro, unha de bronce en Só para Carla Lorenzo, do Granollers, e outra de prata en Rutina Combinada.
Relacionadas:
-
A selección española infantil de natación artística conta coa pontevedresa Daniela Suárez para preparar o mundial
Por Redacción |
-
Daniela Suárez recibirá a Medalla ao Mérito Deportivo da Federación Española de Natación
Por Diego Espiño |
-
A nadadora artística Daniela Suárez segue recibindo felicitacións, hoxe no Concello
Por Redacción |
-
Un ouro mundialista histórico para a natación artística pontevedresa e galega
Por Redacción |
-
Daniela Suárez, a por todas no Mundial de natación artística infantil en Estados Unidos
Por Redacción |
-
Daniela Suárez estrea o seu palmarés internacional no Europeo de Natación Artística
Por Redacción |
-
Daniela Suárez, do Galaico Sincro, convocada pola Selección Española Infantil
Por Redacción |
-
Recepción provincial a deportistas do Club Galaico Sincro
Por Redacción |
-
A pontevedresa Daniela Suárez, co equipo nacional infantil de natación artística
Por Redacción |