Baño de bronce para os irmáns Domínguez na final mundialista de 1000 metros
Por Redacción
Seguen os éxitos para os irmáns Domínguez. Noel e Diego, padeeiros do Club Breogán do Grove lograron a medalla de bronce na proba de C2 1.000 metros Sub-23 do Campionato do Mundo que se está celebrando esta fin de semana en Szeged (Hungría).
Ambos deron a súa mellor versión conseguindo un meritorio terceiro posto cun tempo de 3:37.02, sendo superados tan só pola parella húngara formada por Balazs Adolf e Daniel Fejes, que foron ouro, e os ucraínos Astem Chetvertak e Pavlo Borsuk.
Este bronce súmase á medalla de prata conseguida o día anterior polos dous irmáns na final do C2 500 metros.
Pola súa banda, a embarcación de Manuel Fontán, Martín Jácome, David Barreiro e Cayetano García, conquistou a medalla de ouro cunha exhibición de autoridade por diante de Hungría e Polonia.
España gañoulle o pulso á embarcación húngara que paleaba en casa, dominando desde o paso polos 250 metros e cun final inalcanzable para os seus rivais que lles fixo levar o triunfo cunha marca de 1:32.36.
Hungría, terminou cedendo e chegou a 29 centésimas en segundo lugar e terceira foi Polonia a 48 centésimas.
No resto de finais con presenza galega non houbo tanta fortuna. De feito, Alba Rodríguez do Piragüismo Poio competiu na final de C4 xuvenil xunto a María Moreno, Elena Gómez e María o Mar Prats, na que ocuparon a cuarta praza.
O rianxeiro Mauro Domínguez disputou a final de K2 500 xuvenil xunto a Carlos García, finalizando en sexto lugar e Pedro Torrado e Carlos Pico xunto a Asier Casarío e Daniel Ros no C4 500 xuvenil alcanzaron o quinto posto.
Pola súa banda, a pontevedresa Claudia Couto finalizou a súa participación mundialista cun sétimo posto na final de C1 500 Sub-23; Valeria Oliveira terminou en segunda posición na final B do C1 500 metros xuvenil; Carolina García competía e Bárbara Pardo foron quintas na final de K2 500 metros Sub-23 e Irene Lata fíxose coa vitoria na final B do K1 1000 metros Sub-23.
Relacionadas:
-
Dobrete de ouro mundialista para Antía Jácome: en C1 200 e en C2 500 con Diego Domínguez
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
Medalla de prata para os irmáns Domínguez en C2 500 e pase directo á final do C1 200 para Antía Jácome no Mundial de Hungría
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés busca o seu último baño de ouro da tempada no mundial de Hungría
Por Manu Otero |