Medalla de prata para os irmáns Domínguez en C2 500 e pase directo á final do C1 200 para Antía Jácome no Mundial de Hungría
Por Redacción
Terceiro día de competición no Campionato do Mundo Sprint Junior e Sub-23 2022 de Hungría e primeira medalla para o combinado español da man dos irmáns Noel e Diego Domínguez na final de C2 500 metros Sub-23.
A proba, que será olímpica en París 2024 arrincou ás 10:28 horas cos irmáns demostrando a súa boa forma. Se situarón na cabeza de carreira ao paso polos 250 metros, pero a dupla italiana de Gabriele Casadei e Dawid Szela impuxo un forte ritmo incapaz de seguir mentres os españois loitaban contra China e Brasil por un posto no podio.
Finalmente, a parella do Breogán do Grove fixo un alarde de forza ao final da proba que os levou ata a medalla de prata, tan só superados por ltalia. O terceiro posto foi para os chineses Feilong Miao e Bowen Ji.
A presenza galega tamén estivo noutras tantas finais con Iago García e Mauro Domínguez que xunto a Rubén García e Carlos García finalizaron nunha meritoria cuarta posición, por detrás de Hungría, Alemaña e Bélxica.
A pontevedresa Claudia Couto, xunto a Julia Espinosa, compitión na final de C2 500 Sub-23 na que ocupou a novena praza da final; mentres que Lara Feijoo, Carolina García, Bárbara Pardo e Aida Bauza, terminaron en quinta posición da final de K4 500 metros Sub-23.
Pola súa banda, o padeeiro do Cabanas KDM Martín López xunto ao asturiano Javier García finalizaron en sexta posición na final de K2 1000 metros xuvenil; e Iván Fernández, Pablo Roza, Lázaro López e Adrián del Río tentou sen sorte loitar polas medallas en K4 Sub-23, cruzando finalmente a liña de meta en sexto lugar.
Na xornada de tarde, a actual campioa de Europa absoluta Antía Jacome (E.P. Ciudad de Pontevedra) tivo que esforzarse para conseguir a primeira praza da súa serie de clasificación que lle outorgou a praza na final. A pontevedresa parou o crono en 46.15 mentres que a polaca Katarzyna Szperkiewicz facíao en 46.19. O domingo, Jácome buscará a medalla ás 9:03.
Tamén debutou este venres o padeeiro do Náutico O Muiño, Manuel Fontán, na serie de C1 500 metros na que conseguiu clasificarse para as semifinais do sábado. Ás 16:20 buscará o pase á final do domingo.
Nas probas de embarcacións mixtas, Antía Jácome e Diego Domínguez clasificáronse para a final de C2 500 metros Sub23, mentres que en kaiak Lara Feijoo e Pablo Roza quedaron eliminados.
Relacionadas:
-
Dobrete de ouro mundialista para Antía Jácome: en C1 200 e en C2 500 con Diego Domínguez
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
Baño de bronce para os irmáns Domínguez na final mundialista de 1000 metros
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés busca o seu último baño de ouro da tempada no mundial de Hungría
Por Manu Otero |
-
Teresa Portela e Adrián Sieiro reman cara a París cargados de medallas
Por Manu Otero |
-
Antía Jácome e Adrián Sieiro, medalla de ouro no Europeo de Munich
Por Almu Dapena |
-
Adrián Sieiro e Manuel Fontán, campións do Mundo no C-4 500 con Pablo Graña e Joan Antoni Moreno
Por Almu Dapena |