Xerro de auga fría para o Cisne en León (39-32)
Por Almu Dapena
O bo inicio de liga do Club Cisne Balonmán viuse embazado este sábado tras caer fronte ao Ademar León por un contundente aínda que inxusto 39-32. A pesar de que os leoneses seguen débiles en defensa, rexurdiron cun ataque brillante na segunda metade grazas á actuación do lateral serbio Milosavljevic.
Como vén sendo habitual, o duelo comezou con moita igualdade e cheo de imprecisións entre un necesitado Ademar León e un Cisne coa moral pola nubes tras as dúas vitorias consecutivas conseguidas ante a súa afección.
Con todo, aos poucos os de Javier Márquez fóronse entoando en ataque cun acertado Carlos Álvarez que anotou catro tantos seguidos, mentres os de León respondían da mesma forma e, mesmo, logrando unha renda de dous goles chegado o ecuador do primeiro acto (11-9).
Enseguida os brancos deron a volta ao marcador cun gol de Carlos Pombo e dous Mateo Arias, que demostraban que na primeira liña atopaban lanzamentos fáciles e era moi complicado frealos.
Pero o Ademar espertou cando quedaban menos de 10 minutos para o descanso, momento no apareceron Boskos e Juan Castro para dar aos seus unha vantaxe de dúas tantos ao final da primeira metade (20-18).
Despois do paso polos vestiarios o partido rompeu; os de Javier Cárdenas realizaron un moi bo arranque cunha defensa moi activa que lles permitiu dobrar a vantaxe, mentres o Cisne era incapaz de frear a ofensiva local liderada por Molosavljevic, que fixo que a renda se fora ata os nove goles a falta de 20 minutos para a conclusión (30-21).
Aínda que o partido xa estaba resolvido, os pontevedreses seguiron pelexando cada balón e non baixaron o ritmo, maquillando o resultado ata un definitivo 39-32.
Consulta as estatísticas do Ademar León-Cisne
Relacionadas:
-
A ofensiva do Cisne fai augas na segunda metade contra o Bada Huesca (27-32)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Álex Chan roza o MVP de setembro na Liga Asobal
Por Diego Espiño |
-
Ao Cisne escápanselle os primeiros puntos no seu feudo ante un demoledor Granollers (29-35)
Por Almu Dapena |
-
A imbatibilidade do Cisne como local, a proba coa "visita complicadísima" do Granollers
Por Diego Espiño |
-
Malas novas para o Cisne e para Marko Ojeda, ao confirmarse a rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo
Por Redacción |
-
O Cisne, a por a terceira vitoria visitando a un Ademar León fráxil en defensa
Por Almu Dapena |
-
Álex Chan e Roney Franzini, os piares dun Cisne de doce
Por Diego Espiño |
-
O Cisne castiga o Sinfín na segunda metade (30-29)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cisne estréase na casa con vitoria sobre o Benidorm tras un duelo de infarto (31-28)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Os nervios e a precipitación condenan ao Cisne no seu redebut en Asobal contra Anaitasuna (32-29)
Por Almu Dapena |