Galicia supera a Suíza en Baltar e está a un paso da seguinte rolda na Copa de Rexións UEFA (2-1)
Por Redacción
A Selección Galega gañou este domingo no campo de Baltar á selección de Ginebra (Suíza) na segunda xornada da Fase Intermedia da Copa das Rexións UEFA por 2-1 e suma tres puntos para estar máis preto do seu obxectivo. O duelo definitivo da fase de grupos o mércores 12 contra a selección de Pest (Hungría) na Lomba ás 17 horas.
Do mesmo xeito que ante Eslovenia, Galicia quixo mandar no partido a través da posesión da pelota, mentres os suízos esperaron a súa oportunidade de sacar o balón á contra.
O primeiro aviso da Selección Galega chegou no minuto 6 cun lanzamento desde fóra da área de Félix que acabou en saque de esquina. Foi o propio Félix o que no 22 e tras un gran envío de Jesús Varela, tivo nas botas o primeiro tanto do partido, pero o gardameta helvético o evitou.
A insistencia galega tivo o premio no minuto 32. Félix Rial recolleu unha pelota que quedou morta na área rival e empuxou sen oposición para adiantarse no marcador.
Tras o gol, o combinado autonómico seguiu optando polo mesmo sistema de xogo e tendo a posesión do esférico. Así, no minuto 43 grazas a unha gran acción individual, Álex Rey ampliou á renta facendo o 2-0 con que se alcanzou o descanso.
Tras o intermedio, Suíza tivo unha oportunidade para meterse no partido, pero apareceu Ramón para evitar o 2-1. O choque estaba igualado, aínda que Suíza apenas inquietou a meta de Galicia ata o tempo engadido, cando perforou a meta galega á saída dun córner.
Co 2-1 chegouse ao final do enfrontamento con pleno de seis puntos de seis posibles.
Relacionadas:
-
Galicia certifica na Lomba o seu pase á Fase Final da Copa de Rexións UEFA
Por Redacción |
-
Portas abertas na Lomba para o decisivo partido entre Galicia e Pest
Por Redacción |
-
Triunfo de Galicia na Lomba na súa estrea na Fase intermedia da Copa de Rexións UEFA
Por Redacción |
-
Galicia debuta o xoves contra o representante de Eslovenia na fase intermedia da Copa de Rexións da UEFA
Por Redacción |
-
Baltar e A Lomba, sedes da fase intermedia da Copa das Rexións da UEFA
Por Redacción |