Baltar e A Lomba, sedes da fase intermedia da Copa das Rexións da UEFA
Por Redacción
Galicia será a sede que albergue do 6 ao 12 de outubro a fase intermedia da Copa das Rexións UEFA. A Selección Galega, como vixente campioa da fase nacional, será a representante española nesta fase europea ante os representantes de Suíza (Ginebra), Hungría (Pest) e Eslovenia (Liubliana).
O combinado galego accedeu a esta fase intermedia ao ser o vixente campión nacional logo de derrotar o 11 de marzo do 2020 a Andalucía na gran final que tivo lugar en Las Rozas.
Galicia, encadrada no Grupo 7, xogarase o único billete que hai en xogo para a fase final europea do 6 ao 12 de outubro nos campos de Baltar (Portonovo) e A Lomba (Vilagarcía de Arousa). A Real Federación Galega de Fútbol mantén abertas as conversas cos concellos de Vilagarcía e Sanxenxo para que a competición se desenvolva nas mellores condicións e destaca a boa disposición amosada polos dous consistorios.
En total, inscribíronse 36 federacións, das cales Malta e San Marino presentarán seleccións nacionais amateurs e o resto estará representado polas seleccións rexionais. As seleccións das 31 federacións con maior coeficiente de competición, entre elas España representada pola Selección Galega, comezarán na Rolda Intermedia, e as outras cinco participarán na rolda preliminar para pelexar polo posto restante da rolda intermedia.
Os oito gañadores dos grupos da Rolda Intermedia clasificaranse para a fase final que se celebrará, en principio, nas dúas últimas semanas de xuño de 2023.
Os 32 contendentes (31 equipos que participan nesta rolda e o gañador da rolda preliminar) dividíronse en oito grupos de catro equipos en función dos seus coeficientes, dos que só se clasificará o gañador.
Relacionadas:
-
Galicia certifica na Lomba o seu pase á Fase Final da Copa de Rexións UEFA
Por Redacción |
-
Galicia supera a Suíza en Baltar e está a un paso da seguinte rolda na Copa de Rexións UEFA (2-1)
Por Redacción |
-
Triunfo de Galicia na Lomba na súa estrea na Fase intermedia da Copa de Rexións UEFA
Por Redacción |
-
Galicia debuta o xoves contra o representante de Eslovenia na fase intermedia da Copa de Rexións da UEFA
Por Redacción |
-
Galicia golea a Ceuta e xogará contra Euskadi na Fase Intermedia da Copa Rexións UEFA (4-0)
Por Redacción |
-
Galicia estréase ca Copa Rexións UEFA vencendo a Castela A Mancha (2-0) en Portonovo
Por Redacción |
-
A Copa das Rexións UEFA aterra en Portonovo, A Illa e Vilalonga
Por Redacción |