VÍDEO.- Javonte Green, o ex-'peixe' que se sae na pretempada dos Chicago Bulls
Por Diego Espiño
Só estivo un ano en Marín xogando na liga LEB Prata, pero Javonte Green deixou selo na vila pola súa calidade humana e a súa capacidade de traballo.
Lembrado aínda con agarimo, desde A Raña obsérvase agora con orgullo como estas calidades fixéronlle seguir subindo chanzos no baloncesto profesional ata destacar na NBA, onde esta pretempada está a ser unha das auténticas sensacións nunha franquía histórica como os Chicago Bulls.
No seu paso polo Peixe Galego, no que aterrou na campaña 2015-2016 directamente desde a liga universitaria estadounidense, Javonte alcanzou de media 18 puntos e 6,7 rebotes por partido, sendo MVP da competición e levando ao seu equipo a un histórico ascenso á Liga LEB Ouro.
Era o seu primeiro contrato profesional e o seu espectacular rendemento valeulle para saltar ao Trieste italiano (dúas tempadas) e ao Ulm xermano (un ano) antes de derrubar as portas da NBA. Fíxoo nunha franquía histórica como os Boston Celtics, na que permaneceu dous cursos cun rol secundario na rotación. Non é algo que desanimase ao aleiro, que pasou na 20-21 aos Chicago Bulls gañando aos poucos máis peso no equipo.
No seu primeiro ano en Chicago promedió en liga regular só 7.6 minutos en cancha por partido, tempo que se multiplicou a pasada tempada ata os 23,4 minutos con 7.2 puntos e 4.2 rebotes por partido. Eran os primeiros indicativos do que estaba por chegar.
Recentemente iniciada a pretempada na NBA, Javonte Green está a revelarse como o sexto home dos Bulls e como unha das súas máximas sensacións nos encontros de preparación, tanto que disparou os seus números ata os 16.7 puntos por partido nos úlñtimos tres encontros.
Javonte Green through three preseason games:
— Chicago Bulls (@chicagobulls) October 10, 2022
16.7 points
77% FG
75% from three
: @SamSmithHoops game recap:
No máis recente, contra os Houston Rockets (17 puntos, 5 rebotes, 1 asistencia e 1 roubo en 15 minutos en cancha) deixou ademais unha imaxe que deu a volta ao mundo, cun espectacular mate en contraataque saltando case desde a liña de persoal.
¡¿Desde dónde echó a volar Javonte Green?! pic.twitter.com/vzlaWPxnWZ
— NBA Spain (@NBAspain) October 10, 2022
Javonte Green 'voa' alto na mellor liga do mundo. Nada que sorprenda en Marín, onde sempre terá a súa casa.
Relacionadas:
-
Salto de calidade do Peixe Galego coa fichaxe de Zach Monaghan
Por Manu Otero |
-
O día que o Peixe bañou en ouro a Marín
Por Manu Otero |
-
Javonte Green, MVP da tempada na LEB Prata
Por Redacción |
-
Marín Peixe Galego culmina unha tempada máxica co ascenso a LEB Ouro tras derrotar a Morón (83-68)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |