Antonio Fernández: "Hoxe tocaba gañar por encima de todo"
Por Almu Dapena
"Hoxe tocaba gañar por encima de todo" e o Pontevedra fíxoo, aínda que de forma agónica, sendo "moi solidario" e con "Pablo Cacharrón inspíradisimo" para que os tres puntos quedasen en Pasarón.
"O equipo estivo moi solidario en todas as súas liñas", analizou Antonio Fernández na rolda de prensa habitual de despois do partido. "Cambiamos algo e funcionou, iso é importante para non converterse nun equipo predicible", explicou.
Non quitou mérito ao rival deste domingo, o San Fernando, que complicou, e de que maneira, ao conxunto granate. É un "bo equipo con bos xogadores, apertounos ben na segunda parte", instantes nos que ao Pontevedra resultoulle case imposible atopar a Brais Abelenda, pero "cambiamos o rexistro e saíu ben".
Destacou, o labor de todos e cada un dos seus xogadores, tanto a nivel ofensivo como defensivo, destacando, con fartura, a actuación do gardameta Pablo Cacharrón, "que nos deu os tres puntos" facendo paradas case imposibles .
E confía o técnico pontevedrés en que, se o equipo segue nesta liña e "é intenso, sen dar posibilidades ao rival, vai ter opcións de sumar de tres".
Ademais, parte da culpa desta vitoria tivérona os cambios no once, e cre que "en situacións como na que estabamos, de non atopar vitoria, hai que dar paso a outros xogadores" que, "estiveron inconmensurables", igual que os cambios.
Incidiu en que o equipo "se defendeu con uñas e dentes" para conseguir un triunfo en grao sumo importante, ante un San Fernando que estaba a cinco puntos e que agora está a dous. E non só iso, senón que, tras un partido no que as sensacións "non foron boas, hoxe foi todo o contrario. Soubemos sufrir e o equipo deu un paso adiante".
E é que o Pontevedra segue estando invicto en casa, onde "é forte". Recoñeceu Antonio que están "a traballar para mellorar os rexistros fóra de casa, pero o primeiro pasa por Pasarón, que ten que ser un fortín". E este domingo foi.
Relacionadas:
-
Álex González, principal dúbida do Pontevedra para visitar o Real Madrid Castilla: "Mañá valoraremos se viaxa ou non"
Por Diego Espiño |
-
Libasse Guèye, de volta en Pontevedra tras ser protagonista coa Selección Sub-23 de Senegal
Por Diego Espiño |
-
O Grupo I da Primeira RFEF, unha trituradora de adestradores
Por Diego Espiño |
-
Brais Abelenda, Churre, Sergio Moreira... o 'parte de guerra' tras o triunfo do Pontevedra contra o San Fernando
Por Diego Espiño |
-
Cacharrón e Martín Diz, os heroes inesperados no Pontevedra que aproveitaron a súa oportunidade
Por Diego Espiño |
-
Agónico triunfo e homenaxe a Neme en Pasarón (2-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |