Adrián Sieiro cambia de aires fichando polo Náutico O Muíño nunha "decisión moi difícil de tomar"
Por Diego Espiño
Cambio de aires para Adrián Sieiro antes dunha tempada de gran importancia para el, na que pelexará por clasificarse para os Xogos Olímpicos de París.
O piragüista pontevedrés abandona o club que lle viu crecer desde hai 11 anos ata converterse en campión mundial e europeo, logros cos que pecha a súa etapa no Piragüismo Poio Pescamar.
A partir de agora Sieiro competirá polo Náutico O Muíño de Ribadumia.
Foi "unha decisión moi difícil de tomar", asegurou o deportista nas súas redes sociais explicando a decisión e agradecendo o trato dispensando desde a "que foi a miña casa".
"A verdade que só teño palabras de agradecemento cara aos compañeiros e amigos do club. En especial a Julio e Diego por axudarme a crecer tanto deportivamente como persoalmente. Xa que se non fóra por eles que foron os primeiros en crer en min, non estaría ao nivel que estou. Estareivos eternamente agradecido por iso", explica Adrián.
Segundo el mesmo recoñece "os únicos motivos que me fixeron plantexarme o cambio de club, foron os de competir en barcos de equipo de nivel".
Pola súa banda desde o seu novo club, O Muíño, onde coincidirá co seu compañeiro no C-4 ouro mundialista Manuel Fontán, acolléronlle cos brazos abertos e seguros de que "xuntos lograremos o que nos propoñamos".
Relacionadas:
-
Os equipos senior do Ciudad de Pontevedra e Kayak Tudense gañan o autonómico de K4 e C4
Por Redacción |
-
Teresa Portela e Adrián Sieiro reman cara a París cargados de medallas
Por Manu Otero |
-
Antía Jácome e Adrián Sieiro, medalla de ouro no Europeo de Munich
Por Almu Dapena |
-
Adrián Sieiro e Manuel Fontán, campións do Mundo no C-4 500 con Pablo Graña e Joan Antoni Moreno
Por Almu Dapena |
-
Adrián Sieiro, unha volta ás orixes para relanzar o soño olímpico: "Imos a por París como sexa"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |