Regresou a Milla Solidaria Anedia coa súa novena edición para poñer o foco na diabetes
Por Redacción & Cristina Saiz
O colectivo Anedia en colaboración co Concello e a Deputación de Pontevedra, organizaron este domingo un dos actos habituais para visibilizar a diabetes: a 'clásica' Milla Solidaria.
Con saída desde Montero Ríos, a carreira celebrou este ano a súa novena edición con motivo do Día Mundial da Diabetes, que se conmemora este luns 14 de novembro, e na que participaron máis de 600 persoas, desde os máis pequenos ata atletas federados.
A cita deportiva incluíu tamén unha pequena andaina inclusiva polo centro da cidade, nun circuíto homologado que discorreu pola avenida de Montero Ríos e que presentou como novidade unha proba de substitucións 4x500.
A Milla Solidaria Anedia é o prato forte dun programa que se iniciou o mércores co despregamento dunha pancarta no balcón da Casa da Luz, continuou o venres 11 cunha xornada dedicada á diabetes no CEIP Marcón e continúa o domingo 13 e o luns 14 coa iluminación da Casa do Concello con luz de cor azul.
Este ano, ademais, o lema escollido para celebrar o Día Mundial foi "Educar para protexer o futuro", dando importancia a educación en diabetes, nutrición e reclamando formación específica.
Relacionadas:
-
Décima edición da Milla Solidaria Anedia e récord de España en xavelina adaptada
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Máis de medio milleiro de participantes correrán na Milla Solidaria pola Diabetes no CGTD
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
O Sergas, partidario de consolidar o protocolo de atención a nenos e nenas con diabetes
Por Redacción |
-
Máis de 600 deportistas correrán este domingo por Montero Ríos para dar visibilidade á diabetes
Por Redacción |