Décima edición da Milla Solidaria Anedia e récord de España en xavelina adaptada
Por Cristina Saiz & Almu Dapena
As pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acolleron este sábado a décima edición da Milla Solidaria organizada por Anedia, a Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes, para conmemorar o día mundial da diabetes.
A xa habitual cita, incluída no calendario do deporte galego, contou este ano con 500 participantes entre os que estivo o deportista galego Gustavo Dacal, que de forma paralela á carreira realizou o seu primeiro lanzamento oficial de xavelina adaptada.
Cunha marca de 29 metros 50 centímetros, o paratleta de Ponte Caldelas bateu o récord de España adaptado no mesmo lugar no que vinte anos atrás alcanzou o récord de España en categoría absoluta, superando a anterior marca que estaba en 28 metros 49 centímetros.
OUTRAS ACTIVIDADES
Como novidade este ano, a organización preparou unha intervención única en escaparates de establecementos comerciais en toda Galicia en prol da inclusividade, coa que buscan visualizar a xestión e presenza no día a día con diabetes a través da representación en maniquís de elementos como sensores e inxectoras de insulina.
No caso de Pontevedra, o establecemento elexido é Mission Surf Shop na rúa Peregrina numero 48, onde visibilizarase unha actividade de surf realizada con Mission Surf School o pasado mes de agosto, na que participaron máis de 50 rapaces e rapazas con diabetes tipo 1. Ademáis colocarase no escaparate un xigante aro azul que chamará a atención de todas e todos cidadáns que pasen pola rúa, facendo eco do emblema mundial da diabetes.
Nesta iniciativa participará tamén a xoguetería Juguettos, que fai unha colaboración especial cedendo un can de xoguete para representar a esos animais que teñen unha labor tan importante en detectar as subidas e baixadas de glicosa, e representaría a Sweet (caramelo) que é un can dunha socia da nosa asociación que detecta as variación nos niveis de glicosa da súa dona prevéndoa de posibles compliacións derivadas da súa diabetes.
Este ano, o lema escollido para a campaña foi 'Que a diabetes non te pare', dando importancia a visibilización e a destacar a importancia de entender e abordar a diabetes tipo 1 e outros tipos de diabetes.
Relacionadas:
-
Gustavo Dacal, seleccionado para a súa primeira competición internacional como atleta paralímpico
Por Redacción |
-
'Eu son tipo 1, e ti?', a pregunta que axuda a concienciar sobre a diabetes
Por Redacción |
-
Máis de medio milleiro de participantes correrán na Milla Solidaria pola Diabetes no CGTD
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Regresou a Milla Solidaria Anedia coa súa novena edición para poñer o foco na diabetes
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Máis de 600 deportistas correrán este domingo por Montero Ríos para dar visibilidade á diabetes
Por Redacción |
-
A VIII Milla Solidaria de Anedia reunirá no CGTD a 350 atletas de todas as idades
Por Manu Otero |