Mal día para Melania Rodríguez, fóra da final de Trampolín e sen medalla en DMT
Por Manu Otero
Mala sorte para Melania Rodríguez no día chave dos mundiais de ximnasia de Trampolín que se están celebrando na capital búlgara de Sofía, que non puido meterse na final da disciplina olímpica de Trampolín nin tampouco disputar as medallas no dobre mini tramp, a súa especialidade.
Se o día anterior a ximnasta pontevedresa asinou unha brillante actuación que a clasificaba para as semifinais do exercicio de Trampolín e para a final do DMT, coa mellor puntuación de todas as participantes, este venres saíu cruz e a prometedora deportista galega non puido ofrecer a súa mellor versión.
Pola mañá tivo lugar a semifinal de Trampolín, na que Melania Rodríguez tivo que conformarse cun vixésimo primeiro posto, o que lle brindaron os 22.620 puntos conseguidos. Moi lonxe da peor clasificada para a final, que logrou unha puntuación de 54.150.
A fortuna non variou na sesión de tarde, na que a pontevedresa acabou oitava, última posición da final, cunha puntuación de 23.400 no DMT.
¡OCTAVA!
— RFEGimnasia (@RFEGimnasia) November 18, 2022
Melania Rodríguez finaliza la final de #DMT en el Campeonato del Mundo en octava posición con un total de 23.400 puntos.
¡Enhorabuena! #TeamESP #TRAWorlds2022 pic.twitter.com/83jhdHhOdI
A pesar de quedar sen medalla, desde a Real Federación Española de Ximnasia destacan o traballo realizado por Melania Rodríguez tanto neste mundial como ao longo de todo o ano e anímana a seguir traballando para tratar de mellorar aínda máis os seus rexistros o próoximo ano.
Relacionadas:
-
O Recinto Feiral, listo para recibir os máis de 600 participantes no Campionato de España de Ximnasia Trampolín
Por Diego Espiño |
-
A ximnasta Melania Rodríguez triunfa na Copa Galicia de trampolín
Por Redacción |
-
Amargo inicio de tempada para Melania Rodríguez na Copa do Mundo de Bakú
Por Redacción |
-
Melania Rodríguez pasa á final de DMT coa mellor marca, pero debe mellorar en Trampolín para loitar polas medallas
Por Manu Otero |
-
Melania Rodríguez pon a proba as súas aspiracións olímpicas no mundial de trampolín de Bulgaria
Por Manu Otero |