O marinense Álvaro Santos repite convocatoria coa Selección Española Sub-18
Por Redacción
Segunda convocatoria internacional para o futbolista marinense Álvaro Santos, que foi citado de novo pola Selección Española Sub-18.
O actual xogador do Celta de Vigo, formado no Portero 2000, debutou o pasado mes de novembro co combinado nacional Sub-18 nun dobre enfrontamento con Suíza, partindo desde o banco no primeiro encontro entrando no minuto 46 e sendo titular no segundo participando outros 75 minutos.
Santos convenceu entón co seu rendemento ao seleccionador Pablo Amo, que o incluíu na lista de 22 futbolistas que representarán a España no partido amigable previsto ante Italia o próximo 18 de xaneiro.
O encontro xogarase na localidade de Coverciano, Florencia.
Álvaro Santos tamén xogará contra a @Azzurri
— Canteira Celeste (@CanteiraCeleste) January 10, 2023
O futbolista xuvenil foi citado pola @SEFutbol sub-18 para disputar este partido internacional o mércores 18 de xaneiro en Coverciano (Florencia)
Parabéns, Álvaro! pic.twitter.com/BlpOq5CnXq
Relacionadas:
-
O internacional xuvenil Álvaro Santos entra na órbita do Manchester City
Por Manu Otero |
-
Álvaro Santos, a un paso do Europeo Sub-19
Por Redacción |
-
Álvaro Santos convértese nun fixo nas convocatorias da Selección Española Sub-18
Por Redacción |
-
Álvaro Santos, do Portero 2000 a debutar coa Selección Española Sub-18
Por Redacción |