O Teucro conquista a cancha do Lalín (26-31)
Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro conquistou a cancha do Lalín no primeiro partido do ano. Os de Irene Vilaboa foron un revulsivo antes de chegar ao descanso e noquearon ao seu rival nada máis saír dos vestiarios, chegando mesmo a facerse cun colchón de 10 goles de diferenza.
E é que tras un inicio de duelo completamente igualado, os xogadores de Lérez puxéronse as pilas a falta de dez minutos para o intermedio, xa que ata ese momento o marcador mostraba un empate a oito.
Pero o visto ata ese momento foi un espellismo do que ocorreu a partir de aí xa que o Teucro, secundado pola boa defensa e o seu gardameta, convertéronse nunha apisoadora asinando un parcial de 1-7 co que se alcanzou o descanso (9-15).
Seguiron os xogadores azuis co seu bo facer ata o momento e sentenciaron ao seu rival ao comezo da segunda parte cun 10-20 cando se cumpriron os oito minutos.
A partir de aí o Teucro só tivo que aguantar o intento de reacción dun Lalín que se apagou e quixo reaccionar demasiado tarde para só ser capaz de maquillar o resultado (26-31).
Relacionadas:
-
O Teucro leva o derbi contra o Bueu cun gol de Vinicius 'in extremis' (28-27)
Por Redacción |
-
Marko Dzokic salva un empate para o Teucro sobre a bucina (28-28)
Por Redacción |
-
O líder Lanzarote arroia o Teucro nunha nefasta segunda parte (24-29)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O Teucro inicia a segunda volta con derrota ante o Ribeiro (31-28)
Por Redacción |
-
O Teucro despide o ano con vitoria contra o Lavadores (32-28)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Clara derrota do Teucro na súa visita aos coruñeses do OAR (31-22)
Por Redacción |