Dous corredores do Froiz, entre os vinte mellores da Copa do Mundo de Benidorm
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz pecha a tempada de ciclocrós coa disputa da Copa do Mundo de Benidorm, na que participaron defendendo as cores da Selección Española Gonzalo Inguazo, Miguel Rodríguez, Aroa Otero e Uxía Soto.
Tras a súa recente vitoria no campionato de España, Inguazo estreou a súa nova camisola como campión nacional da mellor maneira posible. Cun décimo sétimo posto nunha competición internacional. Xusto por detrás del cruzou a meta o seu compañeiro de equipo Miguel Rodríguez. Un éxito para o equipo que dirixe Evaristo Portela, que clasificou a dous dos seus corredores no top 20 mundial.
Unha actuación que achega un pouco máis aos dous prometedores corredores ao seu obxectivo de estar entre os convocados para o campionato do mundo.
Pola súa banda, as novas Aroa Otero e Uxía Soto tamén completaron unha destacada actuación ao asinar un vixésimo primeiro e vixésimo segundo posto, respectivamente.
Relacionadas:
-
Un renovado Supermercados Froiz fía a súa sorte á "fortaleza do bloque" ante unha nova tempada
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Cinco medallas para Froiz e XSM no Campionato de España de Ciclocrós
Por Almu Dapena |
-
Laura Mira e Samuel González proclámanse campións autonómicos de ciclocrós en Poio
Por Redacción |