Un renovado Supermercados Froiz fía a súa sorte á "fortaleza do bloque" ante unha nova tempada
Por Manu Otero & Mónica Patxot
Nova tempada, novas ilusións. Os ciclistas do Grupo Deportivo Supermercados Froiz recibiron este xoves o seu novo equipamento, roupa e bicicletas, para iniciar esta mesma fin de semana unha nova aventura na que o equipo experimentou unha profunda remodelación.
"Tiña que haber moitos cambios porque o ano pasado o equipo non funcionou como eu quería. Algúns corredores non estiveron á altura deste equipo. Foi un risco que asumín, o de ter un líder forte e do mellor de España para montar o equipo arredor del. Pero ao estar o lider mal, o equipo non estivo a altura", asumía un autocrítico Evaristo Portela.
Para loitar polos grandes obxectivos de cada tempada, a Copa de España, a Volta a Galicia e a Volta á Coruña; era necesario un golpe de temón e a Portela non lle tremeu o pulso."Este ano non hai un lider moi forte, pero hai moi bos corredores. Imos basar a fortaleza no bloque, un bloque fuerte e compacto para loitar polas vitorias, que é o que nos faltou o ano pasado", propón o director deportivo do club.
Aínda que o grupo será o importante, o Froiz non estará exento de talento. Portela ten postas moitas esperanzas en Vicente Rojas, "un ciclista colombiano que tiña que estar aquí, pero chamouno un equipo profesional italiano e vai facer oito días de concentración con eles". Tamén confía na calidade de corredores como Luna, Jiménez ou Ultrán, así como en Alejandro Gómiz, "un dos mellores sprinters de España".
O equipo está compensado con especialistas para todo tipo de percorridos, pero un ano máis, a principal fortaleza do Froiz será a montaña. "Cando chegue a montaña, o equipo vai ser moi forte, cando se dea unha selección definitiva o Froiz vai meter moitos corredores", asegura un convencido Portela.
Se a aposta para esta tempada é acertada comezará a verse leste mesma fin de semana, no que o equipo participará nun dobre test en Cantabria e Toledo. Pero a primeira proba de lume está fixada para o día 26 de febreiro en Don Benito, na primeira etapa da Copa de España.
Relacionadas:
-
O Supermercados Froiz denuncia o roubo de catro bicicletas en Toledo
Por Redacción |
-
Jose Autrán regala unha vitoria ao Froiz na primeira fin de semana de competición
Por Redacción |
-
Dous corredores do Froiz, entre os vinte mellores da Copa do Mundo de Benidorm
Por Redacción |
-
Catro renovacións e once fichaxes dan forma ao Supermercados Froiz do 2023
Por Redacción |