A selección galega de remo nútrese da base do club de Marín para o campionato de España
Por Redacción
A Federación Galega de Remo vén de publicar este martes a lista de convocados para a Selección Galega, que competirá no Campionato de España por Autonomías o próximo 19 de febreiro en Castrelo de Miño.
Entre os citados atópanse seis remeiros marinenses, que son os cadetes Xián Gutiérrez, Xairo Ribadulla, Hugo González e Martín Vázquez; así como as xuvenís Pilar García e Saioa Iglesias. Ademais tamén foi convocado o adestrador Emilio Gutiérrez para colaborar coa selección.
Os de Marín forman un dos grupos máis numerosos de entre os convocados, so por detrás do Club de Remo San Felipe (Ferrol), e empatados co Club de Remo Vigo.
Desde o club marinense ven esta convocatoria como un gran pulo e alegría para a entidade que, a pesar das malas condicións coas que conta para adestrar, con espazos reducidos e uns malos accesos á auga, continúa colleitando éxitos e confirmando o bo facer dos técnicos e da canteira de remo de Marín.