Iván García e o seu club, o Mat's de Marín, premiados pola federación nacional de taekwondo
Por Redacción
A extraordinaria tempada completada polo taekwondista marinense Iván García e o bo rendemento do seu club, o Mat's de Marín, non pasaron desapercibidos para a Real Federación Española de Taekwondo que inclúe a ambos na súa lista para os premios nacionais de cada ano.
Na gala prevista para o día 17 na localidade alacantina da Nucía, o taekwondista marinense e un representante do seu club subiranse ao escenario para recoller tan merecido galardón.
O prometedor deportista, metido de cheo na carreira olímpica para París 2024, brillou con luz propia nos campionatos de Europa e do Mundo do ano pasado. Mentres que o resto de integrantes da entidade morracense conseguiu tamén numerosos éxitos a nivel nacional e internacional.
"Este galardón é posible grazas aos nosos grandes deportistas Arlet Ortiz, Yadira Reimundez, Silvia Otero, Inés Gonzalez, Noa Garrido, Ángela Balado, Sergio Troitiño e Iván García. Todos eles medallistas nacionais e internacionais, sen esquecernos dos máis novos que están a conseguir magníficos resultados, así como daqueles deportistas relevantes que forxaron a historia, o gran equipo técnico e ao apoio das familias", destacan desde a entidade facendo extensible o agradecemento ás institucións e empresas colaboradoras.
Relacionadas:
-
Arlet Ortiz despídese do Mundial de taekwondo en oitavos de final tras caer coa campioa de Europa
Por Redacción |
-
O taekwondista Iván García recibe o apoio da Xunta na súa carreira cara a París 2024
Por Redacción |
-
Sergio Troitiño conquista o bronce no Open de Holanda de taekwondo
Por Redacción |
-
Bronce para Arlet Ortiz no Open de Bulgaria para seguir escalando no ranking
Por Manu Otero |
-
40 taekwondistas pontevedreses, recoñecidos polos seus éxitos no Campionato de España
-
Cinco medallas pontevedresas contribúen ao subcampionato de Galicia no nacional de taekwondo
Por Redacción |
-
O Mats e o Concello de Marín organizan unhas xornadas de defensa persoal feminina
Por Redacción |