Cinco medallas pontevedresas contribúen ao subcampionato de Galicia no nacional de taekwondo
Por Redacción
O Campionato de España Absoluto de Combate de taekwondo celebrado a pasada fin de semana tivo un marcado sabor galego. O combinado autonómico conseguiu doce medallas, dúas delas de ouro, catro pratas e seis bronces para facarse con segundo posto do ránking. Un botín ao que contribuíron deportistas da contorna de Pontevedra como Arlet Ortiz, Sergio Troitiño, Sara Cortegoso, Adrián Pan e Álex Pazos.
A taekwondista do Mat's de Marín Arlet Ortiz defendía o título de campioa de España. Comezou o campionato vencendo con claridade en primeira rolda a Elsa Hernández (Castela a Mancha). En cuartos superou a Andrea García (Extremadura) e na semifinal gañou a Houda El Haddadi (Valencia). Na final esperaba Luana Martón (Castela a Mancha), coa que acabeu perdendo unun combate moi axustado.
Outro dos novos que deu unha gran alegría foi Sergio Troitiño, do Mat's de Marín, que se proclamou tamén subcampión de España. Venceu nos cuartos a Lluis Mas (Andalucía) en dous asaltos, na semifinal loitou contra Raul Corredor (Madrid) e novamente vitoria do galego en dous asaltos e con claridade. Na final enfrontouse ao vixente campión de España e olímpico Raul Martínez (Comunidade Valenciana). Troitiño plantou cara e aínda que perdeu en dous asaltos competiu ao máis alto nivel e lle puxo as cousas moi difíciles ao olímpico.
Os bronces foron para Sara Cortegoso (-46, Mace Sport), Adrián Pan (-74, Mace Sport) e Álex Pazos (-58, Taekanart). Este último loitou nun total de catro combates e conseguiu tres triunfos. Comezou gañando a José Antonio Rivera (Estremadura) e posteriormente ao catalán Allen Alarcón. Nos cuartos de final deu boa conta do valenciano Héctor Almudever e logrou así garantir o seu metal. Na semifinal enfrontouse a Adrián Vicente co que non tivo opcións de vitoria.
Adrián Pan conseguiu o bronce despois de participar en dous combates. No primeiro, ante o navarro Mahmud Mohamed-Salem, logrou remontar para impoñerse en tres asaltos. Nos cuartos venceu a Alejandro Pizarroso (Madrid) con claridade (2-0) e caeu na semifinal ante Juan Antonio Milán (Murcia), que foi o que finalmente acadou o título de campión de España.
A súa compañeira no Mace Sport, Sara Cortegoso, comezou a competición fronte a Ainara Rojas (Andalucía) e a pesar de ser un combate duro, resolveuno en dous asaltos. Nos cuartos enfrontouse a Lluisa Garcies (Baleares), triunfo da galega nun combate moi duro e disputado que se decidiu en tres asaltos. Na semifinal, Cortegoso enfrontouse a Sofía García Marquina (Castela a Mancha), que foi a campioa de España finalmente.
Relacionadas:
-
Adrián Pan, taekwondista do Mace Sport, proclámase campión de España universitario
Por Redacción |
-
Sergio Troitiño conquista o bronce no Open de Holanda de taekwondo
Por Redacción |
-
Bronce para Arlet Ortiz no Open de Bulgaria para seguir escalando no ranking
Por Manu Otero |
-
40 taekwondistas pontevedreses, recoñecidos polos seus éxitos no Campionato de España
-
Iván García e o seu club, o Mat's de Marín, premiados pola federación nacional de taekwondo
Por Redacción |
-
Sara Cortegoso e Arlet Ortiz conseguen unha medalla de bronce na Presidents Cup de Turquía
Por Redacción |