Tere Abelleira debuta na Copa de Nacións como titular e con vitoria
Por Manu Otero
A Selección Española non puido comezar con mellor pé o seu periplo australiano. A primeira das tres finais polo título da Copa de Nacións superouna con eficacia, superioridade e goles. As de Jorge Vilda pasaron por encima de Xamaica, á que derrotaron este xoves por un contundente 3-0.
A vitoria tivo ademais aceno galego. A xogadora pontevedresa do Real Madrid, Tere Abelleira, formou parte do once titular ideado por Vilda e disputou os noventa minutos de xogo exercendo de cerebro do centro do campo español.
O combinado nacional foi dono do balón e súas foron as mellores ocasións do encontro. Tras un par de disparos que non viron porta, Maite Oroz foi a encargada de abrir a lata. A centrocampista do Real Madrid aproveitou un disparo ao traveseiro de Claudia Zornoza para anotar o primeiro da tarde. O segundo chegou ao fío do descanso. Esther González recibiu un pase entre liñas de Marta Cardona para bater a Spencer e ampliar a vantaxe.
No segundo período o conxunto de Jorge Vilda seguiu dominando e xerando perigo fronte á escuadra xamaicana. Fiamma puxo o 3-0 definitivo cun dereitazo soberbio que entrou por toda a escuadra. Con todo, a xogadora do Valencia CF tívose que retirar do campo minutos despois de asinar o seu primeiro tanto coa Vermella por un golpe no xeonllo. Tivo que acabar o equipo español con dez xogadoras sobre o terreo de xogo, pero a vitoria nunca correu perigo.
O seguinte reto das internacionais españolas será o domingo 19 de febreiro ante o conxunto anfitrión, Australia, no Commbank Stadium de Sídney.
Relacionadas:
-
Tere Abelleira estará no Mundial
Por Almu Dapena |
-
Tere Abelleira entra na prelista de España para o Mundial
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Tere Abelleira, titularidade e estrea goleadora con España no último ensaio antes do Mundial
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira despídese da Copa de Nacións con goleada e unha nova titularidade
Por Redacción |
-
Tere Abelleira queda sen xogar na primeira derrota de España na Copa de Nacións fronte a Australia
Por Redacción |
-
Tere Abelleira recibe a chamada da Selección para disputar a Copa de Nacións en Australia
Por Redacción |
-
Tere Abelleira, citada pola Selección Española para os amigables ante Arxentina e Xapón
Por Redacción |
-
Amarga estrea de Tere Abelleira na Eurocopa, con eliminación na prórroga fronte a Inglaterra
Por Diego Espiño |