Tere Abelleira estará no Mundial
Por Almu Dapena
Jorge Vilda fixo pública este venres a lista das 23 xogadoras que irán ao Mundial de Nova Zelandia que se disputará do 20 de xullo ao 20 de agosto.
Nela está a pontevedresa Tere Abelleira, que completa unha convocatoria que volve estar chea de polémica tras os seis descartes realizados polo seleccionador, en especial o da extremo Marta Cardona (Atlético de Madrid) e a centrocampista Maite Oroz (Real Madrid). Fiamma Benítez (Valencia), a defensa Jana Fernández (FC Barcelona), a dianteira Inma Gabarro (Sevilla) e a porteira Elena Lete (Real Sociedad), completan as ausencias.
Desta forma, as 23 representantes de España para o Mundial, ademais de Abelleira, son as porteiras Misa Rodríguez (Real Madrid), Enith Salón (Valencia) e Cata Coll (FC Barcelona); defensas: Irene Paredes e Laia Codina e Ona Batlle (FC Barcelona), Olga Carmona, Ivana Andrés e Rocío Gálvez (Real Madrid), e Oihane Hernández (Athletic).
Centrocampistas: Alexia Putellas, Aitana Bonmatí e María Pérez (FC Barcelona), Claudia Zornoza (Real Madrid), Irene Guerrero (Atlético) e Jenni Fermoso (Pachuca); e dianteiras: Esther González, Athenea del Castillo (Real Madrid), Alba Redondo (Levante), Salma Paralluelo e Mariona Caldentey (FC Barcelona) e Eva Navarro (Atlético).
O equipo adestrado por Jorge Vilda debutará no torneo ante Costa Rica o 21 de xullo, xogará contra Zambia o 26 e finalizará a fase de grupos con Xapón o 31 de xullo.
Relacionadas:
-
Tere Abelleira e o seu golazo no Mundial: "Algunha veces vino pero tampouco tantas. Eu quedo coa sensación do equipo"
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Tere Abelleira, golazo ante Zambia e clasificación con España para oitavos de final do Mundial
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira é titular no debut con vitoria de España no mundial
Por Manu Otero |
-
A España de Tere Abelleira inicia este venres a súa aventura no mundial
Por Manu Otero |
-
Tere Abelleira entra na prelista de España para o Mundial
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Tere Abelleira, titularidade e estrea goleadora con España no último ensaio antes do Mundial
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira despídese da Copa de Nacións con goleada e unha nova titularidade
Por Redacción |
-
Tere Abelleira queda sen xogar na primeira derrota de España na Copa de Nacións fronte a Australia
Por Redacción |
-
Tere Abelleira debuta na Copa de Nacións como titular e con vitoria
Por Manu Otero |
-
Tere Abelleira recibe a chamada da Selección para disputar a Copa de Nacións en Australia
Por Redacción |
-
Tere Abelleira, citada pola Selección Española para os amigables ante Arxentina e Xapón
Por Redacción |