Tere Abelleira é titular no debut con vitoria de España no mundial
Por Manu Otero
España debutou este venres na Copa do Mundo que se celebra en Australia e Nova Zelandia cunha contundente vitoria sobre Costa Rica por tres goles a cero.
A Selección foi dominadora absoluta durante os noventa minutos de xogo. E unha das responsables do control do xogo, do marcador e das incontables chegadas á área rival foi a pontevedresa Tere Abelleira, titular na sala de máquinas do once de Vilda neste primeiro partido do mundial.
A centrocampista do Real Madrid exerceu de pivote nun centro do campo no Aitana Bonmatí e Jenni Hermoso xogaron un pouco máis adiantadas. A pontevedresa foi substituída no minuto 77 por Claudia Zornoza.
A pontevedresa, encargada do balón parado na Selección, completou 75 pases con éxito cun acerto do 88 % e un total dunha decena de pases chave. Ademais, realizou un lanzamento a porta que foi bloqueado pola defensa rival.
Con respecto ao desenvolvemento do partido, o resultado favorable a España foi curto. As de Vilda acumularon numerosas aproximacións á meta rival e lanzaron a porta ata en 12 ocasións. Só a brillante actuación da gardameta tica, Daniela Soleira, impediu unha goleada maior.
A Vermella adiantouse no minuto 21 de partido por medio dun tanto en propia porta de Valeria del Campo. Dous minutos máis tarde, Aitana duplicou a vantaxe e, antes de cumprirse a media hora de xogo, Esther González redondeou a goleada. O festín puido ser maior de non ser porque Jenni Fermoso fallou un penalti no minuto 34 que parou Soleira, a mellor do seu equipo.
No segundo tempo, o dominio de España seguiu sendo abafador e as chegadas á área constantes, pero as de Vilda pecaron de falta de acerto na finalización, tentaron tirar a porta ata un total de 46 veces.
Relacionadas:
-
Tere Abelleira, referente no xogo de España durante o Mundial con números de récord
Por Almu Dapena |
-
Tere Abelleira e España, a semifinais do Mundial tras vencer a Países Baixos nunha prórroga de infarto (2-1)
Por Diego Espiño |
-
A España de Tere Abelleira fai historia e avanza a cuartos do Mundial (1-5)
Por Almu Dapena |
-
Xapón golea á España de Tere Abelleira, que se medirá a Suíza en oitavos de final do Mundial
Por Manu Otero |
-
Tere Abelleira e o seu golazo no Mundial: "Algunha veces vino pero tampouco tantas. Eu quedo coa sensación do equipo"
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Tere Abelleira, golazo ante Zambia e clasificación con España para oitavos de final do Mundial
Por Diego Espiño |
-
A España de Tere Abelleira inicia este venres a súa aventura no mundial
Por Manu Otero |
-
Tere Abelleira estará no Mundial
Por Almu Dapena |
-
Tere Abelleira entra na prelista de España para o Mundial
Por Diego Espiño |