Tere Abelleira, referente no xogo de España durante o Mundial con números de récord
Por Almu Dapena
A pontevedresa Tere Abelleira converteuse nunha da xogadoras clave para o xogo de España no Campionato do Mundo que se está celebrando en Australia e Nova Zelandia, sendo a mellor futbolista do Mundial, cunha media de 8,32, segundo os datos que marca a páxina Sofascore.
Tere e a Selección debutaron na Copa do Mundo o pasado 21 de xullo contra Costa Rica, nun partido que se decidiu a favor de España por 3-0.
Nese enfrontamento, a xogadora do Real Madrid disputou 77 minutos, tocou 121 balóns cun acerto do 88% en pases (75/85), dos que 10 foron clave e un xerou unha oportunidade clara para as súas compañeiras. Ademais, destacou en tarefas defensivas con 9 duelos aéreos gañados dos 10 que tentou.
Estes números servíronlle para obter a máxima puntuación do partido cun 9,3 de valoración que lle catapultó a entrar no once da xornada xunto ás súas compañeiras de Selección Olga Carmona (9,3) e Onna Batlle (8,3).
Na goleada por 5-0 ante Zambia, España clasificouse matematicamente para os oitavos de final a falta da última xornada de fase de grupos na que se mediría a Xapón.
Tere foi titular, xogou todo o partido, logrou un acerto en pases do 90% (94/105) e recuperou sete balóns. Ademais, anotou o seu primeiro tanto nun Mundial abrindo a lata no minuto 8 cun autético golazo desde fóra da área.
Neste partido obtivo unha valoración de 8,4 que, por segunda xornada consecutiva, permitiulle estar no once da xornada xunto a Jenni Hermoso (10), Eva Navarro (8,6) e Irene Paredes (7,8).
Contra Xapón, pese ao resultado en contra de 4-0 onde as nipoas aproveitaron a fraxilidade española a nivel defensivo, a pontevedresa completou un total de 112 pases con éxito, cunha precisión do 94%. De todos eles, tres xeraron oportunidades de gol claras e recuperou catro balóns.
Nos oitavos de final ante Suíza, o dominio absoluto do encontro foi para a Selección Española cun 70% de posesión e 26 disparos a porta fronte aos dous do seu rival.
Estes datos ven reflectidos nos baixos números que obtivo a xogadora do Real Madrid, que ese día foi substituída no minuto 64 despois de completar con acerto 48 pases dos tan só 58 intentos (82%). Con todo, tres deles foron clave e un deles provocou unha oportunidade clara de gol que lle levaron a obter unha valoración de 7,7.
Despois do 1-5 contra Suíza tocaba medirse en cuartos de final ante unha das favoritas para gañar o campionato: Países Baixos.
Nese partido, Tere Abelleira volveu ser unha das xogadoras máis importantes disputando os 90 minutos regulamentarios máis a prórroga, tocando 104 balóns e completando con éxito 50 pases de 66 (76%), dos cales catro provocaron ocasión de gol.
En tarefas defensivas gañou 10 de 14 duelos no chan e 8 de 15 aéreos, colocándose como segunda mellor xogadora do partido cunha puntuación final de 8,6, só por detrás da futbolista do FC Barcelona Mariona Caldentey (9.3).
Estes resultados colocaron á pontevedresa como mellor xogadora do mundial a falta de disputarse as semifinais e a final cunha nota media de 8,32. Séguelle a española Jenni Hermoso en segunda posición (8,28), a sueca Amanda Ilestedt en terceira (8,04) e a inglesa Alex Greenwood en cuarta (8,02).
Relacionadas:
-
Tere Abelleira, campioa do mundo con España tras derrotar a Inglaterra na final (1-0)
Por Almu Dapena |
-
VÍDEO.- Os pontevedreses apoian con todo a Tere Abelleira na final do Mundial
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
A familia de Tere Abelleira, emocionada co Mundial: "Non son capaz de nin falar do contenta que estou"
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- A Tere Abelleira máis persoal: "A miña nai leva tempo dicindo que vai traer de aniversario a copa"
Por Diego Espiño |
-
Haberá pantalla xigante "probablemente na Ferrería" para apoiar a Tere Abelleira na final do Mundial
Por Diego Espiño |
-
Poio quere instalar unha pantalla xigante para ver a final do Mundial e apoiar a Tere Abelleira
Por Redacción |
-
Tere Abelleira, tras clasificarse para a final do Mundial: "Acórdome moito da miña familia, que está aí cada día"
Por Diego Espiño |
-
Á final! A España de Tere Abelleira vence a Suecia e xogará por gañar o Mundial (2-1)
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- A emoción de Tere Abelleira por verse nas semifinais do Mundial: "O sentimento é de felicidade inmensa"
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira e España, a semifinais do Mundial tras vencer a Países Baixos nunha prórroga de infarto (2-1)
Por Diego Espiño |
-
A España de Tere Abelleira fai historia e avanza a cuartos do Mundial (1-5)
Por Almu Dapena |
-
Xapón golea á España de Tere Abelleira, que se medirá a Suíza en oitavos de final do Mundial
Por Manu Otero |
-
Tere Abelleira e o seu golazo no Mundial: "Algunha veces vino pero tampouco tantas. Eu quedo coa sensación do equipo"
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Tere Abelleira, golazo ante Zambia e clasificación con España para oitavos de final do Mundial
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira é titular no debut con vitoria de España no mundial
Por Manu Otero |