A España de Tere Abelleira fai historia e avanza a cuartos do Mundial (1-5)
Por Almu Dapena
A falta de ideas e a mala proposta de xogo da selección de Jorge Vilda ante Xapón no último partido da fase de grupos quedou no esquecemento despois do visto ante Suíza este sábado nos oitavos de final: reacción automática tras perda sen deixar xogar ás suízas dar máis de tres pases seguidos, dominio completo de balón e chegando con cinco xogadoras a rematar.
Teresa Abelleira, xa unha fixa neste Mundial, repetiu titularidade no once de Jorge Vilda e foi substituída no minuto 63 cando a vitoria xa estaba encarrilada e así darlle descanso de fronte ao envite de cuartos onde se medirán ao gañador do Países Baixos-Sudáfrica.
España saíra disposta a limpar a súa imaxe e notouse desde o minuto uno, coas xogadoras moi seguras á hora de dar o pase e buscando o erro dunha Suíza nerviosa e que xa no minuto catro encaixaba o seu primeiro tanto. Thalmann rexeitou en liña de gol, o balón volveu caer a Alba Redondo, que deixou atrás a Aitana e desde a frontal enviou á rede para adiantar ás españolas.
A alegría durou pouco ao combinado de Jorge Vilda e nun intento de Laia Codina de ceder o balón a Cata Coll, a defensora calculou mal e introduciu o balón na súa propia portería, subindo o 1-1 ao marcador.
A partir dese momento a verticalidade e o asedio español en área rival continuou con numerosas ocasións que esta vez traducíanse en goles que deixaban a eliminatoria encarrilada, salvo sorpresa, cando se alcanzaba o descanso.
Alba Redondo, no minuto 17, devolveu a vantaxe a España cun remate de cabeza tras centro de Ona Batlle; oito minutos despois Aitana aproveitou un centro de Salma Paralluelo para anotar o 1-3 e, xa sobre a bucina, Tere Abelleira poñía o balón desde o córner ao momento de penalti para que Laia Codina fixese o cuarto.
Na segunda parte chegaron os cambios coa vista posta no partido de cuartos de final e Jorge Vilda decidiu dar descanso á pontevedresa, que abandonou o terreo de xogo no minuto 63 xunto á súa compañeira do Real Madrid Esther González.
Xuntou liñas Suíza para evitar unha maior goleada, pero Jenni Hermoso tamén quería unirse ao festival e no 69 redondeaba o resultado asinando o 1-5 co que concluíu o encontro e superar así por primeira vez unha eliminatoria nun Mundial.
Relacionadas:
-
Tere Abelleira, campioa do mundo con España tras derrotar a Inglaterra na final (1-0)
Por Almu Dapena |
-
Tere Abelleira, tras clasificarse para a final do Mundial: "Acórdome moito da miña familia, que está aí cada día"
Por Diego Espiño |
-
Á final! A España de Tere Abelleira vence a Suecia e xogará por gañar o Mundial (2-1)
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira, referente no xogo de España durante o Mundial con números de récord
Por Almu Dapena |
-
VÍDEO.- A emoción de Tere Abelleira por verse nas semifinais do Mundial: "O sentimento é de felicidade inmensa"
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira e España, a semifinais do Mundial tras vencer a Países Baixos nunha prórroga de infarto (2-1)
Por Diego Espiño |
-
Xapón golea á España de Tere Abelleira, que se medirá a Suíza en oitavos de final do Mundial
Por Manu Otero |
-
Tere Abelleira e o seu golazo no Mundial: "Algunha veces vino pero tampouco tantas. Eu quedo coa sensación do equipo"
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Tere Abelleira, golazo ante Zambia e clasificación con España para oitavos de final do Mundial
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira é titular no debut con vitoria de España no mundial
Por Manu Otero |
-
A España de Tere Abelleira inicia este venres a súa aventura no mundial
Por Manu Otero |