A comarca de Pontevedra será escenario de sete rallys ao longo do 2023
Por Manu Otero
A Federación Galega de Automobilismo anunciou este martes o calendario provisional de competicións para o ano 2023, unha programación que será ratificada nos próximos días pola asemblea da entidade. O cronograma inclúe un total de 62 competicións en chan galego, das que polo menos sete delas celebraranse nos arredores de Pontevedra.
A programación inclúe probas de todas as modalidades. Desde competicións en asfalto, de montaña, rallymix, autocrós, karting, slalom ou competicións oficiais do Campionato de España de Rallys.
Nas probas de asfalto, a primeira competición que terá lugar en chan pontevedrés está prevista para a primeira fin de semana de xuño coa disputa da quinta edición do rally de Pontevedra, cuxo percorrido aínda non foi aprobado. A fin de semana anterior, terase celebrado tamén unha nova edición do Rally Rías Baixas, puntuable para o Campionato de España, e que aínda se descoñece se o seu trazado volverá incluír, como o ano pasado en Ponte Caldelas, algún tramo pola comarca de Pontevedra.
Como manda a tradición, as probas de montaña volverán copar as fins de semana do verán. Comezará a tempada no mes de abril en Oia para continuar o 10 e 11 de xuño coa vixésimo terceira edición da Subida á Escusa. O 2 e 3 de setembro está programada a sexta subida a Ponte Caldelas e a penúltima proba do calendario terá lugar o 4 e 5 de novembro coa segunda Subida a Marín. O campionato está composto este ano de nove subidas coa ausencia, por segundo ano consecutivo, da subida a Pontevedra.
Os campionatos de rallymix volverán ter este ano a súa cota de protagonismo. O 22 e 23 de xullo está prevista a terceira edición do rallymix de Ribadumia, o 26 e 27 de agosto, o de Portas; e o 23 e 24 de setembro, o de Cuntis.
Relacionadas:
-
Alfonso Ventín, gran dominador da sexta edición do RallyMix Cuntis Vila Termal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Ponte Caldelas coroa a Jacobo Senín, que logra o seu cuarto triunfo da tempada
Por Redacción |
-
Volve a Subida a Ponte Caldelas con 77 coches inscritos na proba
Por Redacción |
-
Rally do Sur do Condado, unha oportunidade para seguir escalando postos no campionato galego para Alexis Viéitez
Por Redacción |
-
Jorge Pérez e Abrahán Vázquez, os máis rápidos da XXIII Subida A Escusa
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
A XXIII Subida A Escusa quenta motores con 61 pilotos rexistrados
Por Diego Espiño |
-
O Rally de Pontevedra pecha inscricións con 128 participantes
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas repite como escenario dun dos tramos cronometrados do Rallye Rías Baixas
Por Redacción |
-
Luz verde da Federación a un calendario que inclúe sete rallys en chan pontevedrés
Por Redacción |
-
O Enterro da Galiña pon o peche este sábado ó Entroido de Ribadumia
Por Redacción |
-
Os motores ruxirán o 10 e 11 de setembro nunha Subida á Escusa puntuable para a Copa de España
Por Redacción |
-
Poio mellorará a seguridade viaria na estrada da subida á Escusa
Por Redacción |
-
O Rally de Pontevedra reunirá a 130 participantes na fin de semana de San Xoán
Por Redacción |
-
A Federación Galega de Automobilismo aproba o seu pre-calendario de competición para 2022
Por Diego Espiño |