O Arosa regala entradas aos seus socios para o último asalto ao ascenso directo na Lomba
Por Redacción
A liga regular no grupo galego de Terceira Federación toca ao seu fin cunha loita polo liderado, que supón o ascenso directo a Segunda Federación, a ferver entre o Deportivo B e o Arosa.
Con dous partidos por diante, dous puntos separan a ambos os conxuntos. E os dous contendentes disputarán o último partido como visitantes. Co obxectivo de aproveitar o factor campo para obrar a remontada, o Arosa quere encher A Lomba para o que regala dúas entradas a cada abonado.
Os interesados en acollerse a esta promoción poden retirar os seus pases desde este luns pola tarde nas oficinas do club na Lomba.
Os de Luisito reciben a visita este domingo do Somozas que, con 37 puntos, unha vantaxe de seis puntos e un colchón de dous equipos sobre o descenso, ten a permanencia practicamente asegurada. Sobre o papel, terao máis difícil o Fabril, que recibe en Abegondo ao Racing Villalbés, que necesita puntuar para asegurar a súa presenza na fase de ascenso.
Con todo, as tornas poden variar unha semana despois, de aí a importancia de non fallar neste partido e os esforzos do club por encher A Lomba. Na última xornada, o cadro arlequinado viaxa a Villalba, mentres que os branquiazuis visitan ao Barco, metido de cheo na loita pola permanencia.
En Vilagarcía respírase optimismo, nas últimas xornadas reduciron as diferenzas co Deportivo B e os de Luisito confían en facer pleno e na picada dos branquiazuis para festexar o regreso a Segunda Federación pola vía rápida.
Relacionadas:
-
O Arosa reacciona a tempo para superar o Somozas e xogará o ascenso na última xornada (4-2)
Por Redacción |
-
Triunfo do Arosa en Ourense (2-3) para manter o pulso co Fabril, que tamén gaña en Somozas
Por Redacción |
-
Sufrido triunfo do Arosa ante o Choco para meter presión o Fabril (1-0)
Por Redacción |
-
O Arosa salva un empate en Arteixo (2-2)
Por Redacción |