O Froiz, satisfeito tras unha fin de semana de competición con múltiples frontes
Por Redacción
Coa atención en múltiples frontes. Así pasou a fin de semana un Grupo Deportivo Supermercados Froiz con presenza en varias competicións e disciplinas con resultados notables.
Por unha banda a formación principal de ciclismo na estrada participou na prestixiosa Bidasoa Itzulia, rolda por etapas disputada no País Vasco na que Alejandro Luna e Vicente Rojas finalizaron en oitavo e noveno lugar respectivamente.
Aínda que non puideron loitar polo triunfo na xeral, Luna finalizou a 56 segundos do líder, o Froiz si tivo presenza nas fugas importantes pelexando por uns triunfos parciais que se resistiron.
Doutra banda en Betanzos, na Volta á Comarca Brigantina, José Autran rozou a vitoria sendo segundo no sprint tras 167 quilómetros de percorrido. Ademais Vicente Rojas foi cuarto, mentres que en Madrid nunha proba da copa autonómica Jorge García levou o triunfo en Tres Cantos.
Ademais na especialidade de BTT, no cros country olímpico (XCO), Aroa Otero e Uxia Soto conseguiron un primeiro e segundo posto respectivamente na Copa Galicia disputada en Ribadumia afinando a súa posta a punto para a Copa de España que se celebrará en Momparler (Valencia) a próxima fin de semana.
Relacionadas:
-
Vicente Rojas, do Froiz ao equipo profesional italiano Bardiani
Por Redacción |
-
Vicente Rojas, do Froiz, gañador da etapa da Copa de España celebrada en Padrón
Por Redacción |
-
Raúl Casalderrey e María Filgueiras, os máis rápidos contra o crono en Galicia
Por Redacción |
-
O Froiz festexa o triunfo de Vicente Rojas no Campionato Panamericano
Por Redacción |
-
Daniel Jiménez, do Supermercados Froiz, o máis combativo no Memorial Valenciaga
Por Redacción |