"Fin de semana para o recordo" do Froiz na Volta a Portugal do Futuro
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz alzouse co primeiro posto na clasificación por equipos na Volta Portugal do Futuro que se celebrou ao longo desta semana.
Na primeira etapa, Daniel Jiménez foi o mellor da escuadra alimenticia facéndose coa quinta praza e o Maillot de líder de montaña. Vicente Rojas foi décimocuarto.
Xa na segunda xornada, disputada o xoves, Jorge García repetiu a mesma posición que o seu compañeiro de equipo, mentres que Jiménez nesta ocasión chegou no posto quince e Vicente Rojas no dezaseis, a tan só 51 segundos do vencedor.
Foi precisamente na etapa reina da Volta Portugal cando o Froiz conseguiu mellor resultado: a vitoria de Vicente Rojas. O equipo tentou pelexar por levar a xeral meténdose en cortes e foxes pero foron incapaces de marcar diferenzas entre os favoritos e Jorge García, xunto a un nutrido grupo, cruzou a meta no posto 12.
Grazas a estes resultados, Vicente Rojas e Daniel Jiménez lograron facerse co segundo e terceiro chanzo do podio, respectivamente, mentres que na clasificación por equipos o Supermercados Froiz fíxose coa primeira praza, asinando así "unha fin de semana para o recordo".
Relacionadas:
-
Dous ciclistas do Froiz, a proba con equipo profesional portugués Tavfer Ovos Matinados Mortagua
Por Redacción |
-
Daniel Jiménez, do Froiz, terceiro na xeral da Volta a Castelló
Por Redacción |
-
O sub23 do Froiz Rubén Fandiño, novo campión de Galicia de fondo en estrada
Por Redacción |
-
Vicente Rojas, do Froiz ao equipo profesional italiano Bardiani
Por Redacción |
-
Vicente Rojas, do Froiz, gañador da etapa da Copa de España celebrada en Padrón
Por Redacción |