A Gimnástica pecha a tempada co equipo masculino en División de Honra e o feminino en Primeira División
Por Almu Dapena
Soria e Madrid foron este domingo as sedes das dúas finais da liga de clubs onde o equipo masculino da Gimnástica Pontevedra logrou a permanencia na liga Joma de División de Honra cun cuarto posto e 101 puntos e o feminino finalizou en última posición con 69,5 puntos no seu intento por ascender á máxima categoría nacional da liga Iberdrola.
O equipo masculino, en Soria, conseguiu catro triunfos, de de Manuel Anxo Simón en lanzamento de disco (54.48), Pablo Bocelo nos 1.500 m (4:08:41), Francisco López en 110 m valos (14.53) e Dani Chamosa en 5.00 m Marcha (19:42.13).
Tenerife CajaCanarias quedou en primeira posición con 122 puntos, Atletismo Numantino foi segundo con 106 puntos, os mesmos que o CAPEX, que foi terceiro; cuarta a Gimnástica, con 101, quinta AA Catalunha con 84,5; sexta a UCAM-Cartagena con 75; sétimo L'Hospitalet At. con 67,5 e último o CD Surco Lucena con 57 puntos.
Alcorcón con 113 puntos, e Tenerife CajaCanarias, con 104, son os equipos que ascenden a Liga Iberdrola. En terceira posición quedou o Celta, con 89 puntos, os mesmos que o Cornellà, seguidos da A.D. Marathon, con 86; a A.D. Sprint, con 84,5; a Juventud Atlética Elche, con 83 puntos, e finalmente a Sociedad Gimnástica Pontevedra, con 69,5.
Relacionadas:
-
A Gimnástica reforza o seu equipo feminino con seis novas incorporacións
Por Redacción |
-
Isabel Caeiro suma para a Gimnástica un ouro no Campionato de España Sub20 de atletismo
Por Redacción |
-
Dobrete das atletas sub 16 Sabela Castelo e Sabela Martínez nos 3.000 metros lisos
Por Redacción |
-
Choiva de récords galegos na penúltima xornada do Circuito de Atletismo en Pista
Por Redacción |
-
Dani Chamosa bate o récord galego de 5.000 metros marcha
Por Almu Dapena |
-
O equipo nacional de 20 quilómetros marcha, con Antía Chamosa, a tres puntos do bronce no Europeo de Podebrady
Por Redacción |
-
O equipo feminino da Gimnástica pasa o corte e pelexará polo ascenso a División de Honra
Por Redacción |
-
A Gimnástica cede o cetro autonómico ao Celta
Por Redacción |