Iván García queda ás portas do bronce nos Xogos Europeos
Por Manu Otero
O taekwondista marinense Iván García queda a piques de conseguir unha medalla nos Xogos Europeos que se están a celebrar estes días en Polonia. O deportista do Mat's de Marín que avanzou con paso firme ata semifinais non puido meterse na pelexa polo ouro e, a última hora desta tarde de luns, tampouco puido gañar o combate polo bronce.
Na súa última actuación, García tiña que derrotar ao turco Emre Atesli para facerse coa medalla de bronce. Con todo, o taekwondista do CGTD comezou o combate a remolque. Unha patada na cabeza do rival poñía o primeiro asalto en bandexa para o otomán, que llo adxudicou por un axustado 3-4. Menos igualado estivo o segundo e definitivo asalto, que caeu ao lado turco por 2-5.
Aínda así. Iván García, que chegaba a este campionato despois dunha longa recuperación da súa operación de menisco, pode regresar a casa máis que satisfeito ao coarse entre os catro mellores taekwondistas do continente. Polo camiño, foi capaz de derrotar ao grego Sotirios Michopoulos e ao holandés Bryan Zonderop.
Nas semifinais da categoría de +87 kilosgramos, cedeu co macedonio Deixan Georgievski por 2-0.
Relacionadas:
-
Arlet Ortiz e Iván García, eliminados en primeira rolda do Grand Prix de Taiyuan
Por Almu Dapena |
-
A pontevedresa Andrea Mirón avanza a semifinais dos Xogos Europeos coa Selección Española de fútbol praia
Por Redacción |
-
Iván García, sen opcións de podio no Mundial de taekwondo o caer no primeiro combate
Por Almu Dapena |
-
O taekwondista Iván García, operado con éxito dunha rotura de menisco
Por Redacción |