Arlet Ortiz e Iván García, eliminados en primeira rolda do Grand Prix de Taiyuan
Por Almu Dapena
Os galegos Arlet Ortiz, Iván García, Tania Castiñeira e Alma Pérez participaron esta semana coa Selección Española de Taekwondo no Grand Prix de Taiyuan (China), onde se reuniron cos mellores taekwondistas do mundo buscando a clasificación para os Xogos Olímpicos de París 2024.
Era un evento do máximo nivel (G-6) que outorgaba 60 puntos pola medalla de ouro, 36 pola prata e 21.6 para os bronces pero desgraciadamente, nesta oportunidade, ningún dos catro puido subir ao podio e achegarse a esa clasificación olímpica.
Os dous taekwondistas do Mat's, Arlet e Iván, non tiveron sorte cos emparellamentos e tocoulles no primeiro combate os rusos Tatiana Minina, prata olímpica en Tokyo, e Vladislav Larin, o último campión olímpico, que baixaron no ranking como consecuencia da sanción a Rusia e aos seus deportistas pola guerra de Ucraína.
Ortiz (-57) caeu en dous asaltos e García (+80), que despois de moitos meses parado pola operación de xeonllo nos últimos combates comezou a recuperar as boas sensacións no tapiz, perdeu nun duelo tremendamente axustado tanto por asaltos como polo discorrer na loita, decantándose finalmente a favor do ruso por 2-1.
Tania Castiñeira (+67, Hebe), pola súa banda, caeu en oitavos de final contra Althea Laurin (Francia), actual campioa do mundo, mentres que Alma Pérez (-57, Suh Sport) perdeu tamén en oitavos de final ante a croata Nika Karabatic (Croacia), que a superou en dous asaltos.
A próxima gran cita para os taekwondistas españois será o Grand Prix final G10, que se celebrará en decembro en Manchester e onde estarán en xogo os últimos billetes vía 'clasificación' para os Xogos de París.
Relacionadas:
-
Sergio Troitiño e Iván García, ouro e bronce no Open de Bulgaria
Por Almu Dapena |
-
Iván García queda sen praza olímpica
Por Redacción |
-
Agridoce bronce de Iván García na final do Grand Prix, ao quedar sen praza olímpica
Por Diego Espiño |
-
Iván García e Sergio Troitiño levan o ouro no Open de Suecia de taekwondo
Por Redacción |
-
Talento internacional para celebrar as vodas de prata do Cidade de Pontevedra de Taekwondo
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Iván García queda a un segundo do ouro no Drácula Open de Bucarest
Por Redacción |
-
Roi Fraga, medallista de bronce no Europeo Cadete de Taekwondo
Por Redacción |
-
Iván García está de volta: Consegue o ouro no Open de Serbia de Taekwondo
Por Redacción |
-
Medalla de ouro para Arlet Ortiz no Open de Turquía de taekwondo
Por Redacción |
-
Iván García queda ás portas do bronce nos Xogos Europeos
Por Manu Otero |
-
Arlet Ortiz cae na pelexa polo bronce dos Xogos Europeos
Por Almu Dapena |