O taekwondista Iván García, operado con éxito dunha rotura de menisco
Por Redacción
O taekwondista galego Iván García foi intervido este martes dunha lesión de xeonllo que sufriu a semana pasada en Mallorca mentres adestraba. A operación foi realizada no hospital HM Modelo da Coruña polo doutor Rafael Arriaza, especialista en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía. A intervención cirúrxica de Iván García, que consistiu nunha artroscopia para reparar unha rotura de menisco no xeonllo producido durante a práctica deportiva, concluíu con éxito e non precisou de ingreso hospitalario.
A partir deste intre, segundo informan dende o hospital, desenvolverase a recuperación da operación que constará de tres fases: unha primeira de inmobilización e descarga parcial, outra de recuperación da mobilidade e unha terceira de readaptación deportiva específica co obxectivo fundamental de chegar en condicións óptimas ao primeiro campionato importante da disciplina, que se celebra en maio en Acerbaixán.
Iván García vén de facer unha tempada excepcional no ano 2022, na que se proclamou subcampión do mundo e de Europa e ademais conseguiu a medalla de bronce no Grand Prix de París. Así é o número 2 na clasificación mundial de Taekwondo e na presente campaña está en xogo a clasificación para os Xogos Olímpicos de París 2024.
Relacionadas:
-
Agridoce bronce de Iván García na final do Grand Prix, ao quedar sen praza olímpica
Por Diego Espiño |
-
Iván García queda ás portas do bronce nos Xogos Europeos
Por Manu Otero |
-
Iván García, Arlet Ortiz e Sara Cortegoso dan forma á armada pontevedresa para o mundial de taekwondo
Por Redacción |
-
O taekwondista Iván García recibe o apoio da Xunta na súa carreira cara a París 2024
Por Redacción |
-
O Mat's de Marín triunfa no campionato galego de taekwondo
Por Redacción |
-
Iván García, disparado ata o segundo posto do ranking olímpico tras a súa prata mundialista: "É unha pasada"
Por Diego Espiño |
-
Baño de prata para Iván García no mundial de taekwondo
Por Manu Otero |