O central Mario Gómez ficha polo Pontevedra para unha tempada
Por Almu Dapena
A planificación do plantel para a nova tempada vai vento en popa para o Pontevedra CF. Tras anunciar o regreso de Edu Sousa e o ascenso ao primeiro equipo de Manu Vizoso, o conxunto granate confirmou a fichaxe de Mario Gómez.
Procedente do Hércules, o defensa sevillano chegou a Alacante no mes de xaneiro para reforzar a zaga e converterse en titular indiscutible, disputando un total de 16 partidos. Destaca especialmente por medir máis de 1,90 metros de altura.
O central de 28 anos competiu durante oito tempadas no terceiro chanzo do fútbol español, onde disputou máis de 200 partidos.
Formouse na base do Recreativo de Huelva, para posteriormente pasar polo Real Jaén, Valladolid Promesas, Balompédica Linense, CD Don Benito, o CD Calahorra e o Unionistas de Salamanca, desde onde deu o salto ao Hércules.
Mario Gómez asina por unha tempada co Pontevedra CF e convértese na quinta fichaxe do cadro granate.
Relacionadas:
-
Benjamín Garay completa a defensa do Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Charly López: "Chego no mellor momento da miña carreira, nunca estiven nun club tan grande como o Pontevedra"
Por Manu Otero |
-
Movementos na defensa do Pontevedra: Luís Martínez vaise, Javier Hermelo chega
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra fixa catro amigables de pretempada
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra xogará un amigable contra o Racing de Ferrol o 29 de xullo
Por Redacción |
-
O centro do campo do Pontevedra refórzase coa chegada de Toño Calvo
Por Manu Otero |
-
Eneko Zabaleta: "Marchei cun sabor amargo porque non nos metemos en Primeira Federación"
Por Manu Otero |
-
Brais Abelenda abandona o Pontevedra e xogará na Ponferradina
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra reforza a súa portería co regreso de Edu Sousa e o ascenso ao primeiro equipo de Manu Vizoso
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra confirma a baixa de doce futbolistas do primeiro equipo
Por Manu Otero |
-
Terceira fichaxe do Pontevedra: regresa Eneko Zabaleta
Por Manu Otero |
-
O dianteiro Charly López, procedente do Zamora, segunda fichaxe do Pontevedra
Por Manu Otero |
-
O central David Soto pecha unha etapa de dous anos en Pasarón
Por Manu Otero |