O central David Soto pecha unha etapa de dous anos en Pasarón
Por Manu Otero
O Pontevedra CF está inmerso na planificación do plantel da próxima tempada. Un plantel do que non formará parte David Soto, que este mércores compartiu nas súas redes sociais unha carta de despedida.
A falta de confirmación oficial, todo apunta a que o central regresará ao Compostela, equipo desde o que chegou hai dúas tempadas a Pasarón.
Gracias @PontevedraCFSAD pic.twitter.com/6bIUMtB9Rm
— David Soto Sanchez (@SotoDavid1993) June 28, 2023
No seu escrito, o defensor recoñece ter rexeitado a oferta de renovación ofrecida polo conxunto pontevedrés.
"Foron dous anos nos que puiden saborear as dúas caras deste deporte. O éxito dun traballadísimo ascenso e a amargura e tristeza desta última tempada", sostén na súa carta.
Despois de agradecer o apoio da afección e levar "grandes amigos" da súa etapa en Pontevedra, mostra o seu "orgullo" por vestir a camiseta granate e desexa "a maior das sortes ao club".
"Espero que pronto volvades onde vos merecedes", dixo terminando a súa misiva con "hai que roelo".
O tweet do central recibiu numerosas respostas, entre elas as do propio club, que agradeceu a súa achega e desexoulle sorte en próximos proxectos.
Ao longo das dúas últimas tempadas, David Soto disputou un total de 66 partidos como granate, en todos eles titular salvo nun converténdose ao longo das dúas últimas tempadas nun piar da defensa, aínda que o eixo da zaga foi unha das zonas máis débiles do equipo durante dito período.
Relacionadas:
-
O central Mario Gómez ficha polo Pontevedra para unha tempada
Por Almu Dapena |
-
Brais Abelenda abandona o Pontevedra e xogará na Ponferradina
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra reforza a súa portería co regreso de Edu Sousa e o ascenso ao primeiro equipo de Manu Vizoso
Por Almu Dapena |
-
O dianteiro Charly López, procedente do Zamora, segunda fichaxe do Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Óscar Castellano 'Chiqui', primeira fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Churre: "Non busquei máis cousas, a miña primeira opción era o Pontevedra"
Por Diego Espiño |
-
Unha planificación deportiva no Pontevedra "agora si con tempo"
Por Diego Espiño |
-
Churre renova por unha tempada co Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A elección do novo adestrador granate, unha decisión inminente
Por Diego Espiño |