Churre renova por unha tempada co Pontevedra
Por Diego Espiño
Primeira renovación no Pontevedra Club de Fútbol, e non a dun home calquera, senón a dun dos veteranos do persoal, o marinense Víctor Vázquez 'Churre'.
O central cumprirá desta forma a súa sexta campaña consecutiva no club granate, no que aterrou no curso 18/19 procedente do Racing de Ferrol.
Desde a súa chegada Churre foi un fixo no centro da zaga para todos os adestradores que pasaron polo banco de Pasarón. Tamén na última tempada na Primeira RFEF, na que participou en 33 partidos, todos eles saíndo no once titular.
Coa súa continuidade avánzase no novo proxecto deportivo pontevedrés xa contando coa opinión do recentemente contratado adestrador, Yago Iglesias.
Churre, que prolonga a súa vinculación por unha tempada, únese desta forma a unha lista de xogadores con contrato na que xa figuraban outros dous defensores como Luis Martínez e ÁNgel Bastos, ademais de Yelko Pino, Borja Domínguez, Álex González, Rufo, Oier Calvillo e Víktor Nikolov.
Relacionadas:
-
O Pontevedra dispón de cinco fichas libres, tres delas sénior, para apontoar o seu proxecto en 2ªRFEF
Por Manu Otero |
-
O dianteiro Charly López, procedente do Zamora, segunda fichaxe do Pontevedra
Por Manu Otero |
-
O central David Soto pecha unha etapa de dous anos en Pasarón
Por Manu Otero |
-
Óscar Castellano 'Chiqui', primeira fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
As datas da Segunda RFEF: O Pontevedra iniciará a liga a primeira fin de semana de setembro
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra, a por a súa quinta tempada vestindo a marca Hummel
Por Diego Espiño |
-
Baixada de prezos e recuperación de bonificacións ás peñas na nova campaña de socios do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Churre: "Non busquei máis cousas, a miña primeira opción era o Pontevedra"
Por Diego Espiño |
-
Unha planificación deportiva no Pontevedra "agora si con tempo"
Por Diego Espiño |
-
Charles asume galóns na secretaría técnica do Pontevedra
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Yago Iglesias, presentado como adestrador do Pontevedra: "A miña intención é estar moitos anos no club"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Yago Iglesias, confirmado como novo adestrador do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A elección do novo adestrador granate, unha decisión inminente
Por Diego Espiño |
-
Contar co filial na Terceira RFEF, unha arma para o Pontevedra na súa planificación deportiva
Por Diego Espiño |
-
Un Pontevedra orfo de director deportivo pero dando pasos no seu novo proxecto
Por Diego Espiño |
-
Miguel Román: "Agora mesmo quero crecer e o meu futuro non está no Pontevedra"
Por Diego Espiño |