O Arxil queda encadrado na conferencia A con galegos, cataláns, canarios, leoneses, asturianos e estremeños
Por Redacción
O Arxil xa coñece cales serán os seus rivais no grupo A de a liga feminina 2, cuxo calendario se dará a coñecer o próximo 24 de xullo.
Nunha nova confección dos grupos, nas que as comunidades autónomas con máis de seis representantes reparten os seus equipos nas dúas conferencias, o equipo pontevedrés quedou encadrado con outros dous equipos de Galicia (Cortegada e Maristas), dous castellanoleoneses (BF León e Ponce de Valladolid), un asturiano (ADBA de Avilés), un estremeño (Plasencia), tres canarios (Náutico de Tenerife, Tenerife e Magec Tias de Lanzarote) e catro cataláns (Geieg de Xirona, Segle XXI, Grupo Barna e Mataró Maresme)
Desde o Arxil, sosteñen que se trata dun grupo "homoxéneo" no que "calquera pode gañar a calquera" e no que aínda non se pode falar de favoritos, "hai que esperar ás confeccións dos planteis", puntualiza Liño Vázquez.
Doutra banda, a pretemporada do equipo pontevedrés estará centrada na Copa Galicia, na que xogarán polo menos dous partidos, e un cuadrangular en Portugal.
Relacionadas:
-
A xogadora macedonia Nena Trajchevska renova co Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil xa ten calendario para o seu novo curso en Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Do Arxil a exercer de fisioterapeuta de Costa do Marfil, rival de España no próximo Mundial
Por Diego Espiño |
-
Cristina Díaz-Pache, primeira renovación do Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil iniciará a súa competición na liga Feminina 2 o próximo 7 de outubro
Por Redacción |
-
O Arxil renovará a boa parte do seu primeiro equipo para iniciar un novo asalto á liga Challenge
Por Redacción |