A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon custará 2,8 millóns de euros
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/d2e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64be46c287-20230724-saiz-sala-comisions-lores-preside-reunion-comite-triatlon-0014.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a35/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64be46eabe-20230724-saiz-sala-comisions-lores-preside-reunion-comite-triatlon-0021.jpg)
© Cristina Saiz
O maior evento deportivo dos organizados nunca en Pontevedra, a Gran Final das Series Mundiais de Triatlón que terán lugar o próximo mes de setembro, deu a coñecer este luns o seu orzamento tras unha reunión do Comité Organizador celebrada no Concello de Pontevedra.
"O orzamento está pechado en 2.800.000 euros", confirmou tras o encontro o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores.
Desa cifra 750.000 euros serán achegados directamente polo Concello, acompañados de 500.000 euros da Deputación e 200.000 da Xunta de Galicia (50.000 xa foron achegados na Copa do Mundo celebrada en 2022). O resto do orzamento completarase con achegas de televisión e patrocinios privados.
Neste aspecto tanto Lores como o director deportivo da Federación Española de Tríatlon (Jorge García) destacaron os 300.000 euros nos que está valorada a produción televisiva do evento (con sinal internacional en directo para multitude de países) e que será asumida por Radio Televisión Española (RTVE), unha garantía de calidade xa que "son os que produciron o tríatlon nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, Río 2016 e Tokyo 2020", defendeu García.
Ademais no que respecta aos patrocinadores, Inditex a través da firma Zara Athleticz colaborará con 150.000 euros, a empresa tecnolóxica xaponesa NTT achegará 60.000 euros e Globalia, responsable da organización dos aloxamentos, 70.000 euros. Tamén son patrocinadores a firma deportiva Asics, a marca de nutrición 226ers e "Estrella Galicia comprometeuse a participar".
"O presupospo foisenos un pouco das mans por cuestións de seguridade", explicou o alcalde da Boa Vila, afirmando que en todo caso se espera "unha repercusión económica que calculamos vai a estar por riba dos 15 millóns de euros", e que será obxecto dun estudo detallado por parte dunha empresa especializada. Ademais "calculamos 10 millóns de impactos mediáticos", asegurou Lores.
O Comité Organizador da Gran Final das Series Mundiais tamén confirmou tras a súa reunión parte do calendario non deportivo previsto, empezando con membros da Federación Internacional (World Triathlon) completando parte do Camiño de Santiago o 17 de setembro e seguindo cunha cea oficial o mércores 20 con representantes das diferentes federacións internacionais (hai deportistas confirmados de 57 países) e o 21 de setembro cunha inauguración que incluirá un desfile de delegacións na Praza de España.
A competición en si dará comezo un día despois, o 22 de setembro e ata o domingo 24, día no terá lugar ademais a cerimonia de clausura dos campionatos.
Tamén se celebrará durante eses días, pero en Sanxenxo, o congreso anual da World Triathlon.
Relacionadas:
-
Dispositivo especial de tráfico e mobilidade durante a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Medallistas olímpicos e mundiais, na lista de saída da Gran Final de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Máis de medio milleiro de voluntarios para lograr que a Gran Final das Series Mundiais "sexa un éxito"
Por Diego Espiño |
-
Unha web visibilizará e promocionará a hostalería local durante a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon
Por Diego Espiño |
-
Unha travesía a nado polo río Lérez, aperitivo ás Series Mundiais de Tríatlon
Por Redacción |
-
"Esforzo extra" na coordinación policial para garantir a seguridade na Series Mundiais de Tríatlon
Por Redacción |
-
Amplían o horario nas terrazas con motivo das festas de verán e as Series Mundiais de Tríatlon
Por Redacción |
-
Asinado o convenio de colaboración entre Concello e Deputación para a Gran Final das Series Mundiais
Por Redacción |
-
Ampliar os horarios de comidas e ceas, cartas en varios idiomas… a hostalería prepárase para a Gran Final das Series Mundiais
Por Redacción |
-
Pontevedra abre camiño a Málaga, designada como sede da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon en 2024
Por Diego Espiño |
-
Desvelados os circuítos definitivos e horarios para a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon
Por Diego Espiño |
-
A gran final das Series Mundiais de tríatlon achégase a Pontevedra e necesita voluntariado
-
Pontevedra repetirá en 2025 como sede do Mundial Multideporte de tríatlon
Por Diego Espiño |