O soño olímpico de Antía Jácome, a tan só un paso
Por Redacción
A pontevedresa Antía Jácome roza xa coa punta dos dedos o soño olímpico. Está a tan só un paso de París 2024 e, xunto coa súa compañeira, a madrileña María Corbera, son claras favoritas para colgarse o ouro no Mundial de Alemaña.
Ambas aseguraron este xoves a súa praza na final do C2 500 metros tras dominar con comodidade a súa semifinal. Agora descansarán ata o sábado, ás 12:30 horas, cando se distribuirán as cobizadas medallas e os ansiados boletos para os xogos olímpicos.
As oito primeiras embarcacións que crucen a liña de meta obterán o seu pase olímpico.
Dentro das disciplinas que estarán en París, Rodrigo Germade competiu en parella co madrileño Adrián do Río, en sérielas eliminatorias do K2 500 metros. A dupla española gañou serie eliminatoria e o sábado buscarán o seu lugar na final.
O padeeiro do Breogán do Grove, Diego Domínguez, tivo menos sorte na semifinal do C1 1.000 metros, finalizando na sétima posición e clasificándose para a final C.
Ademais na xornada deste xoves, o equipo C4 composto polas pontevedresas Antía Otero e Claudia Couto, xunto con Valeria Oliveira e María Moreno, asegurou o seu pase directo á final do domingo, programada para as 12:27 horas, despois dunha vitoria na súa eliminatoria.
O C2 1.000 metros de Pablo Crespo e Martín Jácome logrou a terceira posición, asegurando tamén a súa participación na final do sábado, do mesmo xeito que Cristina Soutelo (Kayak Tudense), terceira no C1 1.000 metros.