Antía Jácome, un palmarés que asusta con só 23 anos
Por Diego Espiño
Sen dúbida Antía Jácome foi unha das grandes protagonistas do Campionato do Mundo Sprint de Piragüismo celerado en Alemaña.
Era a cita máis importante da tempada, e é que era un Mundial clasificatorio para os Xogos Olímpicos, e a pontevedresa non fallou ampliando a súa xa de seu impresionante palmarés con tres novas medallas mundialistas e un dobre pasaporte ás Olimpíadas.
E é que, con só 23 anos, o currículo de Antía é xa espectacular, con múltiples medallas mundiais e europeas xunto ao Diploma Olímpico que sumou en Tokyo na súa primeira participación nuns Xogos, ao ser quinta no C-1 200.
Nesa distancia foi na que sumou a súa primeira medalla en Alemaña, unha prata que lle valía ademais o pasaporte a París 2024. Repetiría cor de medalla e clasificación olímpica no C-2 500 metros coa madrileña María Corbera, ademais doutra prata no C-2 200 metros, distancia non olímpica.
Tres medallas nun Mundial que se suman á conseguida, tamén cun segundo posto, no Campionato do Mundo de 2021.
O palmarés de Jácome conta á súa vez con dúas medallas de ouro europeas e outras dúas de prata, catro preseas continentates en total, e un ouro logrado no Campionato do Mundo Sub-23.
Uns logros que situaron á pontevedresa como unha das grandes esperanzas nacionais para pisar o podio nos próximos Xogos Olímpicos. Antía gañou canto menos o dereito para soñar.
Relacionadas:
-
"Imos a por todas", asegura Antía Jácome tras a súa clasificación para os Xogos Olímpicos de París
Por Diego Espiño |
-
A París! Antía Jácome, Teresa Portela e Carolina García logran en Verducido o billete aos Xogos
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Fin de semana de premios para Antía Jácome: "Imos a por todas en París"
Por Diego Espiño |
-
Terceira prata mundialista para Antía Jácome e praza para París no C2 500 con María Corbera
Por Almu Dapena |
-
Antía Jácome, Carolina García e Teresa Portela selan o billete para os Xogos Olímpicos de París 2024
Por Almu Dapena |
-
O soño olímpico de Antía Jácome, a tan só un paso
Por Redacción |
-
Antía Jácome e Pablo Graña, campións de Europa en C-2 200 mixto
Por Almu Dapena |
-
Prata europea para Antía Jácome e María Corbera: "Imos ir a por todas no Mundial"
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome e María Corbera "unen forzas" en busca do billete olímpico no C2-500
Por Redacción |
-
Dobrete de ouro mundialista para Antía Jácome: en C1 200 e en C2 500 con Diego Domínguez
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
Antía Jácome e Adrián Sieiro, medalla de ouro no Europeo de Munich
Por Almu Dapena |