Pontevedra, lista para vivir "unha festa do baloncesto ACB"
Por Diego Espiño
A oitava edición do Torneo EncestaRías de baloncesto traerá a próxima fin semana a Pontevedra o mellor baloncesto masculino, con "todo para que sexa unha festa do baloncesto ACB".
Así o defendeu na presentación do evento uno dos seus organizadores, Diego Doval, acompañado do alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, entre outros.
O torneo, que abandona por primeira vez Vilagarcía polas obras en Fontecarmoa, disputarase no Pavillón Municipal dos Deportes o sábado 2 e o domingo 3 de setembro coa presenza de tres equipos da máxima categoría nacional como Breogán, Obradoiro e Unicaja Málaga xunto ao campión portugués, o Benfica.
Farao ademais previsiblemente cun gran ambiente nas bancadas, a pesar de coincidir coa Feira Franca, e é que "estamos nun ritmo de venda maior que outros anos", confirmou Doval.
Ante a necesidade de trasladarse desde Arousa "non tivemos a máis mínima dúbida de acoller o EncestaRías", afirmou pola súa banda o alcalde pontevedrés.
O Torneo EncestaRías vivirá a súa primeira xornada o sábado 2 de setembro cos partidos Breogán-Benfica (18.00 horas) e Obradoiro-Unicaja (20.15 horas), mentres que o domingo día 3 está previsto que se xogue a final de consolación ás 18.00 horas e o partido polo título ás 20.15 horas.
Relacionadas:
-
O Unicaja coróase vencedor do Torneo EncestaRías disputado no Municipal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Benfica e Unicaja enfróntanse este domingo na gran final do EncestaRías
Por Redacción |
-
Xa están á venda as entradas para ver o Obradoiro, Breogán, Unicaja e Benfica no Municipal
Por Redacción |
-
O Torneo EncestaRías trasládase a Pontevedra cun cartel de luxo: Obradoiro, Breogán, Unicaja e Benfica
Por Redacción |