Tono Campos e Diego Romero repiten ouro mundialista no C-2 e 'as Tanias' fanse coa prata en K-2
Por Almu Dapena
Novo baño de ouro para Tono Campos no Mundial de Piragüismo Maratón de Vexen, Dinamarca, coroándose na categoría C2 xunto a Diego Romero e revalidando o título continental obtido o ano anterior en Portugal.
A piragua española completou os 21 quilómetros en 1h.37:29.06, con 12.15 segundos de vantaxe sobre os tamén españois Fernando Busto e Diego Miguens (As Torres). O metal de bronce foi para os polacos Mateusz Borgiel e Mateusz Zuchora (+36.57), repetíndose así o podio da edición do 2022.
Ao longo da proba, as dúas embarcacións nacionais intercambiáronse as dúas primeiras posicións, ata que a falta de tres quilómetros para chegar á meta, Campos e Romero aumentaron o ritmo para asegurar outro metal dourado mundialista.
Nesta última xornada da competición tamén participaron a grovense Tania Álvarez e a lucense Tania Fernández, que defendían o seu título de campioas do mundo en K-2 sénior.
A dupla española saíu a por todas nunha carreira de auténtico infarto que se decidiu por milímetros no último sprint e que deixou como gañadoras ás húngaras Vanda Kiszli e Emese Kohalmi (01h.53:31.57). 'As Tanias' cruzaron a liña de meta tan só 53 centésimas despois, mentres que o terceiro chanzo do podio foi para as tamén húngaras Csilla Rugasi e Panna Csepe, a 88 centésimas.
A armada española de piragüismo finalizou o Campionato do Mundo en segunda posición con 14 medallas (5 de ouro, 4 de prata e 5 de bronce), só por detrás de Hungría, primeira con 16 metais (7 de ouro, catro de prata e cinco de bronce). O terceiro posto foi para Arxentina con só catro medallas no seu botín (dous ouros, unha prata e un bronce)
Relacionadas:
-
Homenaxe a Tono Campos no Grove bautizando co seu nome o pavillón de deportes náuticos
Por Diego Espiño |
-
Segundo ouro mundialista para Tono Campos e bronce para Manu Garrido
Por Almu Dapena |
-
Jaime Duro repite ouro mundial sub-23 de piragüismo maratón, con bronce de Diego Piñeiro
Por Diego Espiño |
-
Tono Campos, medalla de ouro na proba curta do Mundial de Piragüismo Maratón
Por Diego Espiño |