Felipe Orts lidera en Marín os elite masculinos e Laura Verdonscht repite ouro
Pontevedra e Marín despedíronse este domingo dunha fin de semana chea de ciclocrós marcado pola disputa da Copa de España e por unha nova edición do Xaxán CX Internacional, proba de categoría C2.
Ambas as dúas contaron coa participación dos grandes ciclistas nacionais e tamén de países como Bélxica, Países Baixos, Francia ou Portugal, que se deron cita nas dúas competicións para facer vibrar a numerosos afeccionados que se achegaron ata os circuítos situados na Illa das Esculturas e en Chan de Gagán.
Na proba marinense, o campión dos júnior masculinos foi Hodei Muñoz (Alimco Campagnolo), que repetiu podio tras o primeiro posto logrado o día anterior no Gran Premio Cidade de Pontevedra. Unax Galán (Seguros Bilbao Miribilla) volveu ser segundo, pero nesta ocasión a terceira praza do podio foi para o francés Louis Tanguy.
Algo semellante ocorreu na carreira feminina, onde Lorena Patiño (XSM) volveu ser a máis rápida coroándose por segundo día consecutivo como a mellor ciclista júnior. Aroa Otero (Froiz) repetiu prata e Irati Aranguren (Andoaingo Txirrindulari Eskola) colgouse o bronce.
Despois chegou a quenda dos elite masculina, con Felipe Orts (Burgos BH) quitándose a espiña do día anterior para liderar a carreira e facerse co primeiro posto. Nesta ocasión, Kevin Suárez (Nesta) foi segundo e Mario Junquera (Unicaja Banco Xixón), terceiro.
A xornada matinal pechárona as elite feminina, que calcaron o mesmo podio que o día anterior. Desta forma, a belga Laura Verdonscht (De Ceuster-Bonache) repetiu metal dourado, Sofía Rodríguez (Bizkaia-Durango) a prata e Lucía González (Nesta) o bronce.
Imaxes da Ciclocrós XaxánCX 2023 celebrada en Marín
Marín acolleu unha nova edición da Ciclocrós XaxánCX, proba de categoría C2 na que participaron as grandes figuras nacionais ademais de ciclistas de Bélxica, Países Baixos Francia ou Portugal
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
Terceira seguida de Gonzalo Inguanzo na Copa de España de Ciclocrós e defensa do liderado de Irene Trabazo
Por Redacción |
-
Irene Trabazo colócase líder da Copa de España de Ciclocrós e Gonzalo Inguanzo repite triunfo
Por Redacción |
-
Pontevedra mira cara ao Europeo de Ciclocrós de Pont-Château
Por Redacción |
-
Irene Trabazo e Gonzalo Inguanzo, vencedores na Copa de España de Ciclocrós de Les Franqueses
Por Redacción |
-
Lorena Patiño e un espectacular 'repóker' de vitorias en probas internacionais de ciclocrós
Por Redacción |
-
Kevin Suárez e Laura Verdonscht impóñense no Gran Premio Cidade de Pontevedra de Ciclocrós
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Supermercados Froiz de Ciclocrós, a por unha tempada "con moitas posibilidades" de éxito
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O Xaxán CX Internacional, a guinda para unha fin de semana de ciclocrós na comarca
Por Redacción |
-
Ensaio xeral para o Europeo de Ciclocrós de 2024 no Gran Premio Cidade de Pontevedra máis internacional
Por Diego Espiño |
-
Triplete XSM-Froiz no arranque da Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Pistoletazo de saída á tempada de ciclocrós do Poio Bike Club coa Copa de España en Xixón
Por Redacción |
-
E tras o tríatlon... Un 2024 tamén con grandes eventos internacionais de loita e ciclocrós
Por Diego Espiño |