A Federación Galega de Loita organiza un torneo en memoria de Alexander Kachelaev
Por Diego Espiño
O legado de Alexander Kachelaev segue vivo en Pontevera un ano despois do seu falecemento, e é que todos e cada un de adéstranos e traballan a diario no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) teñen moi presente na súa memoria ao que foi durante tres décadas responsable da loita olímpica na casa do deporte galego.
Por iso entre outros motivos a Federación Galega de Loita quixo render unha merecida homenaxe ao carismático adestrador.
O CGTD acollerá o vindeiro sábado 11 de novembro o I Memorial Alexander Kachelaev de Loitas Olímpicas.
A competición, para as categorías sénior e U17, terá lugar de 16 a 21.00 horas.
Unha cita propicia para que os loitadores galegos afinen a súa preparación para as próximas competicións oficiais e para a que se instalarán tres tapices de loita no pavillón do CGTD.
Relacionadas:
-
Unha xornada de loitas olímpicas no CGTD na memoria de 'Sasha'
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Recoñecemento póstumo da Xunta e a Federación Galega de Loita a Alexander Kachelaev
Por Redacción |
-
Falece Alexander Kachelaev, responsable da loita olímpica no CGTD durante tres décadas
Por Diego Espiño |
-
Alexander Kachelaev desvincúlase do CGTD tras 30 anos formando os loitadores galegos
Por Diego Espiño |