Unha xornada de loitas olímpicas no CGTD na memoria de 'Sasha'
Por Redacción & Cristina Saiz
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra viviu o pasado sábado 11 de novembro unha xornada moi especial.
A celebración do I Memorial Alexander Kachelaev de Loitas Olímpicas rendía homenaxe ao que durante tres décadas foi mentor de xeracións de loitadores galegos, falecido hai un ano.
Con 'Sasha' no recordo os participantes, en idade sénior e U17, encheron de actividade o pavillón do CGTD cunha competición pensada para afinar a preparación dos loitadores para as súas próximas competicións oficiais.
Sobre o tapiz compareceron un bo número de deportistas, algúns moi vinculados a Alexander Kachelaev como a campioa nacional Lydia Pérez Touriño, que non quixo perder a homenaxe ao que foi o seu adestrador, como tampouco o fixeron outros moitos loitadores galegos.
O l I Memorial Alexander Kachelaev foi organizado pola Federación Galega de Loita e contou coa presenza de 20 clubs de Galicia, Asturias e Madrid.
A intención do organizamos autonómico é, tal e como avanzan, que a competición quede instaurada a partir de agora no calendario oficial e abrila ao panorama intenacional. De feito para 2024 confirmouse xa a participación da selección rusa como mostra de respecto a Alexander Kachelaev, adestrador que foi responsable de loita olìmpica do equipo nacional da URSS e exerceu de responsable da organización dos deportes de combate durante os Xogos Olímpicos de Moscova 1980.
Relacionadas:
-
A primeira das dúas balas de Lydia Pérez cara a París 2024 pasa por Acerbaixán
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez, única española no Torneo Internacional Dan Kolov en Bulgaria
Por Redacción |
-
Lydia Pérez cae nos oitavos de final do Campionato de Europa en Bucarest
Por Diego Espiño |
-
Recepción na alcaldía a Lydia Pérez Touriño, campioa absoluta de España de loita
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Lydia Pérez, recoñecida como deportista de alto nivel pola Xunta de Galicia
Por Redacción |
-
Destacado papel do Club Loita Pontevedra na Copa Maider Unda
Por Redacción |
-
Recoñecemento póstumo da Xunta e a Federación Galega de Loita a Alexander Kachelaev
Por Redacción |
-
A Federación Galega de Loita organiza un torneo en memoria de Alexander Kachelaev
Por Diego Espiño |
-
Falece Alexander Kachelaev, responsable da loita olímpica no CGTD durante tres décadas
Por Diego Espiño |
-
Alexander Kachelaev desvincúlase do CGTD tras 30 anos formando os loitadores galegos
Por Diego Espiño |