Luanco, un desprazamento 'amable' como poucos na historia do Pontevedra
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol buscará a próxima fin de semana deixar atrás os seus últimos empates pelexando por un triunfo que lle permita recuperar impulso na súa persecución do liderado, e farao visitando o feudo do Marino de Luanco, duodécimo clasificado con 11 puntos.
Os granates, que aínda non perderon lonxe de Pasarón esta tempada (dúas vitorias e tres empates) pisarán por novena vez na súa historia o Estadio Miramar, un campo que lles foi 'amable' ao longo dos anos como poucos.
Entre Liga e Copa Federación o Pontevedra visitou ao mariño en oito ocasiones, a primeira delas na tempada 96-97 no que supuxo o único empate en chan asturiano (0-0).
Desde entón rexistráronse seis vitorias galegas (catro en liga e dúas en Copa Federación) e só unha derrota, na campaña 02-03 (1-0).
A última vez que os granates estiveron en Miramar foi na súa anterior participación en Segunda RFEF, na 21-22. Era a sexta xornada de competición e o Pontevedra de Ángel Rodríguez non conseguira gañar aínda. Fíxoo aquel día por 0-3 con goles de Álex González, Rufo e Yelko Pino nun duelo que supuxo o despegamento e inicio da remontada daquel equipo, que acabría finalizando a liga como campión logrando o ascenso directo á Primeira RFEF.
No que repecta ao Marino esta tempada, logrou 6 dos seus 11 puntos como local, grazas a un triunfo contra o Guijuelo (1-0) e empates fronte a Compostela, Fabril e Langreo. A súa única derrota na casa chegou pola súa banda contra a Gimnástica de Torrelavega (0-1) na quinta xornada.
Relacionadas:
-
Triunfo a medio gas do Pontevedra ante o Marino de Luanco (1-2)
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra buscará en Luanco "ser unha mellor versión que as xornadas anteriores"
Por Almu Dapena |
-
Borja Domínguez ve a luz dez xornadas despois: "Estou con moitas ganas de poder volver a unha convocatoria"
Por Diego Espiño |
-
Confianza no Pontevedra tras os dous últimos empates: "Sería máis preocupante non xerar ocasións"
Por Diego Espiño |
-
Un once inicial que xa se recita de memoria
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias: "Foi un dos mellores partidos disputados no que vai de competición"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Ocasións perdidas e empate sen goles entre Pontevedra e Rayo Cantabria
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Manu Vizoso e a vida dun porteiro que busca a súa oportunidade: "Síntome dentro do equipo, e para axudalo teño que adestrar ao máximo"
Por Diego Espiño |