Confianza no Pontevedra tras os dous últimos empates: "Sería máis preocupante non xerar ocasións"
Por Diego Espiño
Os dous últimos empates do Pontevedra Club de Fútbol, a domicilio contra o Avilés e en casa ante o Rayo Cantabria, non alteran o plan dun equipo que segue confiando nas súas posibilidades e nas sensacións que están a transmitir.
Así o asegurou este mércores en rolda de prensa uno dos capitáns do primeiro plantel granate, Víctor Vázquez 'Churre', afirmando que "sería máis preocupante non xerar ocasións. O que estamos a demostrar no campo é positivo".
Para o central marinense "non hai que preocuparse por meter un gol en dous partidos", posto que "o equipo está a xerar e ten personalidade".
De feito un dos aspectos que máis cambiou o Pontevedra con respecto á pasada campaña é a súa solidez como visitante, agora que debe afrontar un novo desprazamento o domingo día 12 (17.00 horas) visitando o Marino de Luanco. "O ano pasado penalizounos moito non sumar fóra da casa", recoñece Churre, pero este curso "saímos a xogar, a tentar facer o que facemos no noso estadio, imos co mesmo estilo e coa nosa personalidade", o que se está traducindo en mellores resultados.
En canto ao Marino, o defensor do equipo pontevedrés non se fía do rival a pesar da súa posición na táboa (ocupa a 12ª praza), e é que "temos que saber que imos xogar contra un rival que non recibe goles facilmente. É un equipo moi compacto e con xente que leva tempo xogando xunta", analiza vaticinando un enfrontamento no que haberá que empregarse a fondo para conseguir os tres puntos en xogo.
Relacionadas:
-
Triunfo a medio gas do Pontevedra ante o Marino de Luanco (1-2)
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra buscará en Luanco "ser unha mellor versión que as xornadas anteriores"
Por Almu Dapena |
-
Borja Domínguez ve a luz dez xornadas despois: "Estou con moitas ganas de poder volver a unha convocatoria"
Por Diego Espiño |
-
Luanco, un desprazamento 'amable' como poucos na historia do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Un once inicial que xa se recita de memoria
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias: "Foi un dos mellores partidos disputados no que vai de competición"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Ocasións perdidas e empate sen goles entre Pontevedra e Rayo Cantabria
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |