Competición desestima a impugnación do triunfo do Teucro en Lalín
Por Diego Espiño
A Sociedade Deportiva Teucro logrou o pasado sábado 11 de novembro o seu oitavo triunfo en nove xornadas de liga de Primeira Nacional. Fíxoo nun axustado e polémico duelo na pista do Lalín que se decidiu por un tanto sobre a bucina de Carmelo Álvarez (26-27).
Ese resultado foi impugnado polo conxunto local, ao entender que non se debía dar validez á última xogada por chegar fóra de tempo. En concreto os de Lalín queixábanse dun tempo morto concedido a pesar de non ser solicitado e que deixara tres segundos ao Teucro para o seu último ataque, no que logrou o tanto decisivo.
Con todo a súa reclamación non chegou a bo porto e os puntos vanse definitivamente para un Teucro líder con 16 puntos.
Na súa resolución desta semana o Comité Nacional de Competición inadmitiu a reclamación do Lalín "en aplicación ao disposto no último parágrafo do artigo 179 do Regulamento de Partidos e Competicións, ao tratarse dunha impugnación de decisións adoptadas polos árbitros durante o encontro que, ademais teñen a condición de inapelables", explica o Comité.
Esta resolución é recurrible aínda ante o Comité de Apelación.
Relacionadas:
-
Xurxo Rivas comanda unha sanadora vitoria do Teucro contra o BM Cañiza (39-28)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Teucro dilapida seis goles de renda na pista do Gáldar e acaba perdendo sobre a bucina (29-28)
Por Redacción |
-
Apagamento na cima e segunda derrota consecutiva do Teucro (33-25)
Por Redacción |
-
Reacción tardía do Teucro e derrota pola mínima contra o OAR Coruña (30-31)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Agónico triunfo do Teucro en Lalín (26-27)
Por Redacción |
-
Un Teucro "orgulloso do seu pasado, do seu presente e do seu prometedor futuro"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |