Agustín Fernández quere retirar os lombos que sobran e que a Policía Local volva patrullar a pé
Por Oskar Viéitez
O candidato socialista á Alcaldía, Agustín Fernández, presentou este martes as súas propostas en materia de tráfico que teñen como filosofía atopar un equilibrio entre o modelo peatonal e a circulación rodada.
Os socialistas propoñen planificación técnica e apostan pola implantación dun transporte urbano dimensionado ás necesidades de Pontevedra, o incremento da subvención á liña de Monte Porreiro e a negociación coa Xunta para un plan de transporte metropolitano coa súa comarca.
O candidato do PSdeG-PSOE discrepa dos que propoñen carril-bici en todas as rúas, algo que considera innecesario nunha cidade 30.
Ao respecto dos lombos criticou que se teñen convertido, na práctica, na única medida para o calmado do tráfico. E sinalou que hai zonas onde sobran e outras onde teñen que ser adaptados á normativa do Ministerio de Fomento.
Finalmente abogou porque a Policía Local se despracen a pé, e non patrullen tanto en moto ou en coche. "Deberían tamén compartir as beirarrúas, multar a quen teñan que multar, avisar a quen teñan que avisar, pero participar moito máis na vida da cidade", dixo Fernández.