Agustín Fernández promete destinar 2,2 millóns de euros anuais a políticas para reactivar o emprego
Por Redacción
A fachada da Casa da Luz foi o lugar escollido polo candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Pontevedra, Agustín Fernández, para explicar as súas medidas programáticas en materia de emprego. Un paquete de propostas cuantificadas economicamente e que totalizan 2,2 millóns de euros anuais.
Agustín Fernández subliñou que mentres en Pontevedra haxa máis de 8.000 parados "non se pode falar de modelo de cidade". Asegurou que "non hai nada máis grave para unha cidade que máis do 24% dos seus habitantes queiran traballar e non podan" e sinalou que cada persoa "que logremos sacar do paro será unha mostra de proximidade aos cidadáns".
O plan socialista para a reactivación económica inclúe medidas como subvencións para as empresas que contraten traballadores e non teñan feito despidos no último ano, ampliación dos plans de emprego, axudas aos emprendedores cunha Caixa de Financiamento local, axudas para os innovadores e empresas de novas tecnoloxías, apoio ao comercio local e axudas para os alugueres de locais por parte de empresas de nova formación.
O candidato do PSdeG-PSOE destacou que nos últimos catro anos foron eles os que loitaron contra o desemprego desde o Concello, xestionando tres plans de emprego, ou o programa de inserción laboral ILES, "as únicas iniciativas do goberno municipal neste eido".
Relacionadas:
-
O PSOE aposta por recuperar o Café Moderno para o uso gratuíto das entidades culturais
Por Redacción |
-
Reforzar o transporte público, mellorar a limpeza e máis Policía, apostas do PSdeG-PSOE para Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O PSOE propón colectores soterrados nas zonas máis sensibles do Centro Histórico
Por Oskar Viéitez |
-
Agustín Fernández quere retirar os lombos que sobran e que a Policía Local volva patrullar a pé
Por Oskar Viéitez |