O Hospital Provincial, no programa de Rafa Domínguez: en clave universitaria, con tres novas titulacións e unha residencia
Por Natalia Puga
O traslado dos servizos actuais do Hospital Provincial de Pontevedra ao Gran Montecelo unha vez que a ampliación estea terminada deixará sen usos esta infraestrutura sanitaria do centro da cidade e o PP de Pontevedra reiterou este sábado os seus proxectos para ese momento, que pasan por vincular totalmente o vello edificio á Universidade de Vigo.
O PP xa avanzara estas intencións de que o futuro do Hospital Provincial se proxecte en clave universitaria e este sábado o seu alcaldable, Rafa Domínguez, acudiu á contorna do inmoble para avanzar nesta proposta.
Domínguez explicou que cando todo se traslade a Montecelo quedará no centro da cidade "un enorme buraco económico e un enorme problema social", pois todos os negocios da contorna notarán o baleiro e a perda de actividade económica, co consecuente "sufrimento".
Ante esta situación, "dun problema, queremos facer unha oportunidade", e por iso propón que o edificio pase a albergar unha residencia de estudantes, se amplíen as actuais instalacións da Escola de Enfermería que xa teñen aí a súa sede e se poñan en marcha nas instalacións tres novas titulacións universitarias.
Estas propostas xa as abordou tanto coa Universidade de Vigo como coas consellerías de Educación e de Sanidade, que "están de acordo". O reitor da Universidade de Vigo, segundo Domínguez, considera que o Hospital Provincial "sería o sitio óptimo" para este uso.
Domínguez ten unha aposta clara "por unha Pontevedra universitaria", por que "a Universidade se asente no centro de Pontevedra".
O alcaldable do PP, que insiste en que o Provincial non se pecha, senón que os seus servizos trasládanse e mellóranse nun Gran Montecelo que será "moderno e mellor equipado" e permitirá pechar o ciclo do tratamento oncolóxico.
Tamén lembrou que con ese uso universitario que propón o PP evitaríase a "deterioración e abandono" do Provincial.
Relacionadas:
-
Reigosa e Lores apostan por un Hospital Provincial que acolla Fisioterapia e Enfermería mantendo o uso sanitario
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A Xunta inclúe a remodelación de espazos do Hospital Provincial no plan de infraestructuras das universidades galegas
Por Oskar Viéitez |
-
28M | Rafa Domínguez (PP): "O modelo Lores 1999 cómproo. Non toco nin unha coma. O de Raíña Vitoria non"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Domínguez apela á "unidade de voto" arredor do PP para lograr o "cambio que Pontevedra necesita"
Por Redacción |
-
"Monte Porreiro tamén é Pontevedra", reivindica Alfonso Rueda, que arroupa a Rafa Domínguez no barrio
Por Alejandro Espiño |
-
Paseo relaxado de Feijóo por Pontevedra: "A mí aún no me toca el examen, a mí me tocará después"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Rafa Domínguez comprométese a recibir a todos os cidadáns que o soliciten no despacho da Alcaldía
Por Oskar Viéitez |
-
Borja Sémper regresa a Pontevedra para arroupar a Rafa Domínguez: "Con él como alcalde tendréis un futuro mejor"
Por Alejandro Espiño |